RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

CommunityLinux.org, o novo portal de HP de software libre

Publicado por Mancomún
Luns, 28 de Setembro de 2009

communitylinux.orgHewlett Packard presentou recentemente o seu portal CommmunityLinux.org. Este portal  ten como finalidade que os seus clientes poidan compartir calquera tipo de información sobre as súas experiencias coas distribucións GNU/Linux Asianux, CentOS, Debian, Fedora, OpenSUSE e Ubuntu executándose con hardware HP.

Ao tratarse dun portal de recente creación, aínda non conta cunha cantidade importante de contidos; pero xa empeza a contar con información importante como é o caso da ligazón á súa matriz de compatibilidade. Ademais, dispón tamén dun apartado para preguntas e outro para foros, este último centrado nas distribucións citadas anteriormente. HP está a traballar neste momento en preparar máis contidos cos que completar este portal, cos cales conseguir darlle un valor importante a este sitio.

 

No pé de páxina deste sitio infórmase que está aloxado no laboratorio de software libre da universidade estatal de Oregón(OSUOSL) e que empregar Asianux, CentOS, Debian, Fedora, OpenSUSE ou Ubuntu nos novos servidores HP ProLiant non afectará á garantía do hardware deste novo servidor.

Con esta iniciativa Hewlett Packard únese á tendencia cada vez maior entre as grandes multinacionais de apoiar e promocionar ao software libre.


Fonte: Viva Linux!

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas