Mediante o formulario de contacto, un usuario da nosa web infórmanos da creación de dúas coleccións de complementos para o Firefox e o Thunderbird que pretenden facilitar a instalación do idioma galego e castelán dentro destes aplicativos.
As coleccións ademais inclúen tamén cadanseu corrector ortográfico e un selector de idioma integrado, de maneira que unha vez escollido o idioma no selector, poderemos usar o aplicativo nun ou noutro idioma e ao mesmo tempo tes dispoñible a corrección ortográfica.
Segundo nos conta o usuario: “Nos ordenadores domésticos ou portátiles a cousa está clara: o sistema e as aplicacións instálanse na lingua que o dono escolle,..., pero nos ordenadores de empresa, un mesmo ordenador pode servir a varios usuarios, ou servir a un único usuario pero cambiar de mans. Nestes casos, resulta útil que se poida cambiar a lingua dos programas rapidamente e sen reinstalar.”
As ligazóns para a descarga das coleccións son as seguintes:
Sindicación RSS: Novas