RSS enviar por correo-e Imprimir

CENATIC publica os microdatos das súas enquisas sobre Software Libre en España

Publicado por Mancomún
Xoves, 9 de Febreiro de 2012

Logotipo de CENATICO Observatorio Nacional do Software de Fontes Abertas de CENATIC fixo público onte o conxunto de microdatos procedentes das súas enquisas sobre o estado do Software Libre en España, realizadas durante 2011, cuxos resultados publicáronse o pasado 13 de xaneiro.

Os microdatos son o conxunto de todas as respostas recibidas no proceso de enquisamento anonimizadas, e constitúen unha fonte de información de gran valor para investigadores, empresas e administracións públicas, cuxo análise permite levar a cabo procesos de investigación social e económica, e mellorar a toma de decisións respecto das accións relacionadas co software libre en España. Ademais publícase tamén a metodoloxía empregada na enquisa e os propios cuestionarios complementando así aos informes de resultados e aos dossieres gráficos dispoñibles no Panel de Indicadores do Software Libre en España do Observatorio dende xaneiro.

Os datos póñense a disposición de investigadores, empresas, organismos públicos e cidadanía en xeral, en formatos abertos e baixo licenzas libres, promovendo así a reutilización de información do sector público, e facilitando que calquera axente interesado poida agregar valor a estes datos, establecendo cruzamento de variables diferentes dos realizados polo propio ONSFA, enriquecéndoos con outras fontes de datos, ou mesmo desenvolvendo aplicacións que permitan ao usuario a súa consulta e explotación.

Segundo comenta Ana Trejo, responsable do Panel de Indicadores de CENATIC “A publicación de microdatos é unha parte moi importante na construción do Panel, xa que a misión do Observatorio non é só determinar como se esta producindo a crecente implantación de software libre en empresas e administracións, senón tamén pór todos os datos a disposición daqueles que poidan darlle un segundo uso, ben sexa para deseñar novos modelos de negocio, produtos e/ou servizos desde a empresa privada, ou para tomar decisións respecto das políticas relacionadas coas tecnoloxías libres por parte da Administración”.

O valor da reutilización en tempos de crise

Na economía do coñecemento, a información do sector público é un activo económico de gran valor, e a súa publicación e reutilización pode constituír a materia prima esencial para o xurdimento de novos produtos e/ou servizos baseados en información xa dispoñible, pero non sempre accesible. “Trátase dun modelo paralelo ao do software libre”, comenta Miguel Jaque, director xerente de CENATIC, en que “só a través da liberación ou publicación de software alcanzamos a eficiencia que as tecnoloxías libres proporcionan, en base á posibilidade de compartir, reutilizar e colaborar en proxectos tecnolóxicos por parte da Administración, e de colaborar co sector privado devolvendo así á sociedade parte do investido”.

Fonte: Cenatic

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas