Dende o 27 de abril ata o 11 de maio está aberta a convocatoria de patrocinios de CENATIC para eventos da comunidade do software libre que terán que celebrarse antes do 1 de decembro de 2011.
A convocatoria poderán presentarse eventos de toda índole celebrados en España durante 2011 (cursos, conferencias, coloquios, seminarios, reunións científicas...) cuxo fin sexa a promoción e a difusión do uso do software libre e que contribúan á consecución dos seguintes obxectivos:
A convocatoria está aberta a persoas xurídicas, españolas ou estranxeiras, a título individual ou en agrupación ou unión temporal, con plena capacidade de obrar que non se atopen incursas nalgunha das prohibicións de contratar establecidas no artigo 20 da Lei de Contratos das Administracións Públicas que desenvolvan actividades relacionadas co impulso do uso das TIC no ámbito do FLOSS. As entidades que soliciten un patrocinio deberán estar ao corrente das súas obrigas coa Administración Tributaria e coa Seguridade Social.
O orzamento total dispoñible desta volta é de 8.474 € (ive non incluído) sendo a cantidade máximo por participante de ata 4.237,28 euros quedando esta cantidade determinada pola valoración dos criterios expresados nas bases.:
As entidades interesadas deberán consultar os requisitos e criterios de valoración nas bases da convocatoria publicadas no Perfil do Contratante de CENATIC e remitir o formulario do ANEXO I da convocatoria xunto con toda a información complementaria que se considere oportuna aos efectos de acreditar o cumprimento dos requisitos e criterios de valoración. As solicitudes deben remitirse á dirección de correo electrónico: patrocinios @ cenatic.es
Fonte: CENATIC