Os técnicos da Oficina ensinarán, entre outras actividades previstas, a instalar e a configurar Galinux
A Oficina de Software Libre da UDC percorrerá dende hoxe ata comezos do vindeiro mes de xuño as distintas facultades e centros da Universidade da Coruña coa Oficina Móbil da OSL (OSLM). Esta oficina estará composta por un unha caseta de información interactiva, equipada con diverso material informático, e na que técnicos da Oficina atenderán as cuestións das persoas interesadas.
A iniciativa ten como obxectivo achegar o software libre aos membros da UDC, amosando as súas capacidades, vantaxes e posibilidades. A Oficina Móbil actuará, pois, coma unha extensión da propia OSLUDC co propósito de promover os servizos deste organismo universitario entre os usuarios finais da UDC (alumnado, profesorado e persoal laboral).
Entre os servizos que se van a por a disposición dos que se acheguen ao punto de información destacan:
A Oficina Móbil permanecerá entre 3 e 4 días por semana en cada centro. Nesta primeira fase poderá atoparse nas facultades do Campus da Zapateira, de OZA, de Bastiagueiro e de Riazor.
Na seguinte táboa, estabelécese o calendario previsto para a OSL Móbil dende abril ata xuño.
| Centro | Datas |
| Facultade de Filoloxía (Zapateira) | 21 al 23 de abril |
| E.U. de Arquitectura Técnica (Zapateira) | 28 al 30 de abril |
| E.T.S de Arquitectura (Zapateira) | 05 al 07 de maio |
| Facultade de Ciencias (Zapateira) | 12 al 14 de maio |
| Facultade de Ciencias da Saúde (OZA) | 19 al 21 de maio |
| I.N.E.F (Bastiagueiro) | 26 al 28 de maio |
| E.T.S de Náutica e Máquinas (Riazor) | 02 al 04 de xuño |
Unha iniciativa experimentada xa con éxito na USC
Seguindo esta idea proposta pola Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña, a Oficina de Software Libre da USC tamén comezou xa a percorrer os centros da entidade compostelá, co que eles chamaron os Puntos de Información en Facultades (PIFs).
Así, o mércores 1 e xoves 2 de Abril, a Oficina de Software Libre estivo presente no edificio que reúne ás titulacións de Ciencias da Educación, Psicoloxía e Filosofía. O luns 13 continuou o seu periplo pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría coincidindo co patrón do centro e o mércores 15 levou a cabo a presentación oficial da estratexia de implantación de software libre entre os membros da Facultade de Ciencias da Educación.
Ao longo destes días atendeuse directamente a unhas 100 persoas que se achegaron interesadas a se informaren sobre as actividades da Oficina e as posibilidades do Software Libre. Repartíronse ademais trípticos informativos sobre estándares, boas prácticas, licenzas e copyleft,sobre a función da Oficina e a personalización Ubuntu-USC, e exemplares do Galinux.
Para calquera asunto relacionado co software libre ou coa OSL Móbil:
- Correo electrónico: softwarelibre@udc.es
- Teléfono: 981 167 000 ext. 5506
Fonte da nova: Oficina de Software Libre da UDC