RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

AutoQ3D Community, sinxelo pero potente programa para modelar en 3D

Publicado por fjrial
Mércores, 15 de Abril de 2009

AutoQ3D Community é un aplicativo para o debuxo de modelos en 3D. Cunha interface moi sinxela de utilizar, poderás comezar a usar este editor para comezar a crear os teus deseños en 3D.

Está orientada aos que comezan no mundo do deseño 3D xa que as pezas que poderás modelar con AutoQ3D son moi sinxelas. Ao cambio, obterás un rendemento óptimo ao evitar cargar ferramentas moito máis potentes, pero que tamén consumen unha grande cantidade de recursos...

AutoQ3D ademais ten un conxunto grande de comandos compatíbeis con AutoCAD e un bo conxunto de ferramentas que permiten a creación de debuxos técnicos, tales como partes mecánicas, planos ou interiores.

Máis información en:
http://www.kde-apps.org/content/show.php/AutoQ3D+Community?content=25041

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas