Dende a Asociación Comunidade O Zulo avísannos de que as VII Xornadas de Software Libre, que como vos anunciamos no seu día terán lugar este sábado 26 de xuño, emitiranse en directo vía streaming a través do servizo Ustream.tv.
Segundo indican no seu anuncio, trátase dunha experiencia piloto, da que agardan ter "feedback", animándovos a que lles acheguedes os vosos comentarios, incidencias, suxestións ... a través de Twitter (hashtag #7XSL) ou Facebook.
As ligazóns para poder seguir as xornadas en directo publicaranas na súa web o sábado ás 11 da mañá.
Ustream.tv é a plataforma líder na emisión en directo interactivo de contidos a través da rede Internet. A diferencia de outras tecnoloxías anteriores, utiliza unha difusión "un a moitos", o que significa que o usuario pode transmitir ó público sen límite de tamaño.
Lembrámosvos o completo Programa das Xornadas
Mañá
Tarde
As xornadas, como todos os anos, son abertas e gratuítas, polo que calquera persoa interesada poderá achegarse ás mesmas.
Fonte: Comunidade O Zulo