RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

Anuncio oficial da Akademy-es 2010

Publicado por Mancomún
Mércores, 10 de Marzo de 2010

Akademy-es 2010A Asociación KDE España organiza un ano máis a Akademy-es, a reunión hispana de usuarios e desenvolvedores de KDE. Este ano a coorganización correrá a cargo de Itsas, o grupo de Software Libre da UPV/EHU (Universidade do País Vasco) coa colaboración do Departamento de Cultura do Goberno Vasco. Celebrarase os días 7, 8 e 9 de maio na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Bilbao.

Durante o evento realizaranse charlas, obradoiros e outras actividades (saídas, ceas, ...) coas que se pretenden acadar os seguintes obxectivos:

  • Pór en contacto a desenvolvedores de KDE de toda España, para que poidan falar dos proxectos nos que están a traballar, compartir código, experiencias e coñecementos.
  • Informar a profesores e estudantes universitarios das capacidades e vantaxes de KDE, para promover o desenvolvemento de Proxectos Fin de Carreira relacionados coa súa plataforma e impulsar o crecemento da comunidade.
  • Dar a coñecer o proxecto KDE como contorno de escritorio e desenvolvemento a persoas sen perfil técnico.

Ademais do anuncio oficial da Akademy-es 2010, a organización xa abriu o prazo de inscrición para participar na reunión, así como o prazo de proposta de actividades ou “Call for papers”.

Os interesados en propoñer actividades só teñen que enviar un correo electrónico a akademy-es-2010-org@kde-espana.es antes do 16 de abril cun breve resume da presentación, tendo en conta as seguintes consideracións:

  • Pode escollerse entre dous formatos de charlas:
    • Relatorios de 50 minutos.
    • Charla breve de 10-15 minutos para presentar brevemente diferentes proxectos.
  • Se a duración das charlas propostas non se axusta a algún destes esquemas (por exemplo, se precisa máis tempo), isto debe indicarse claramente na comunicación.
  • Permitirase a KDE España a distribución baixo unha licenza libre de todo o material empregado para a realización da actividade, así como a gravación da mesma.
  • A charla pode ser tanto a nivel de usuario como de nivel técnico.

Os traballos aceptados publicaranse o día 23 de abril de 2010.

Fonte: Kde España

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas