Aitire, empresa pertencente a AGASOL, presentou recentemente Aibox, unha solución integral para a administración, xestión e control das infraestruturas informáticas dunha pequena ou mediana empresa de entre 5 e 50 empregados.
Aibox é un conxunto de dispositivos hardware e software convenientemente integrados e configurados, capaces de responder a todas as necesidades informáticas dunha peme. Entre as súas principais características destaca a súa facilidade de uso. Dende un único panel de control web é posible xestionar tanto os usuarios e os ficheiros aos que estes teñen acceso, como o servidor de correo, o servidor de mensaxería instantánea...
Todo isto é posible grazas á integración da plataforma eBox cunha serie de proxectos de código aberto dos máis relevantes da actualidade como OpenLDAP, Ubuntu Server LTS, Xen, eGroupware, Samba, Jabber, Postfix, Dovecot, ClamAV, Aitire PBX, SNORT, Iptables, OpenVPN ...
Aibox conta cunhas completas prestacións entre as que se atopan:
Aitire proporciona a posibilidade de adquirir 3 configuracións base de equipamento hardware en función do número de usuarios aos que se pretende dar servizo, e contratar dúas opcións de servizos de mantemento, un mantemento mínimo e un mantemento xestionado. Con este último servizo de mantemento as pequenas e medianas empresas teñen a posibilidade de descargar o peso da xestión das TIC en Aitire, aforrando así gran parte dos custes derivados de manter o seu propio persoal de xestión informática dentro da propia organización. Os principais beneficios que lles reportará este modelo son dispor de sistemas monitorizados 24x7, mantemento proactivo dos sistemas, punto de contacto único para calquera incidencia dos sistemas, custes de mantemento coñecidos e predicibles, sistemas e incidencias atendidas por persoal experto... Para obter máis información sobre este produto, solicitar unha presentación a Aitire.

Aitire converteuse en setembro de 2009 na primeira parceira galega oficial de eBox, logo de ter participado no curso de formación avanzada de eBox, coorganizado por Mancomún e AGASOL en decembro de 2008, destinado a profesionais de empresas TIC galegas interesadas en ofrecer servizos de implantación sobre esta plataforma.
Ademais é tamén parceira oficial de Dell.
Fonte: Aitire