Onte, AGASOL, da man da empresa Igalia, presentou o aplicativo NavalPlan ao empresariado galego no Centro On de Santiago de Compostela.
Trátase dunha ferramenta web de planificación especialmente útil para calquera tipo de empresas cun fluxo de traballo que requira a xestión, planificación e control de proxectos e pedidos.
NavalPlan é un aplicativo web de software libre para a xestión de proxectos cuxo desenvolvemento comezou hai máis de ano e medio como un proxecto financiado pola Fundación para a Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia para o desenvolvemento dun sistema de xestión da produción na industria auxiliar do sector naval de Galicia, de aí o seu nome, con ferramentas de código aberto. O resultado deste proxecto foi NavalPlan que grazas a publicarse cunha licenza AGPL conta cunha comunidade de desenvolvedores en crecemento.
Con NavalPlan unha empresa pode planificar de xeito conxunto os proxectos da empresa, monitorizar a empresa, facendo o seguimento do progreso, materiais e horas adicadas en cada unha das tarefas, controlar os proxectos, os seus custos, desvíos e capacidade da empresa como apoio para a toma de decisións estratéxicas, organizas as tarefas e a capacidade produtiva dos recursos e a súa relación coas tarefas dos proxectos, e finalmente conectar e integrar NavalPlan co seu ERP e con outras empresas.
As súas principais funcionalidades son:
O pasado mes de xaneiro o equipo de desenvolvemento anunciou a publicación da versión NavalPlan 1.0, a primeira versión estable do produto que incorpora novas características:
Todas aquelas persoas ou empresas interesadas en comprobar de primeira man as funcionalidades desta ferramenta teñan a opción de facelo a través da demo completamente funcional de NavalPlan dispoñible dende a web do proxecto. Ademais é posible descargala para a súa instalación nos equipos propios.
Finalmente, existe un catálogo de servizos ao redor de NavalPlan: consultoría, formación, personalización, despregue, SaaS, proporcionados por diferentes empresas galegas:
NavalPlan é un proxecto vivo e en constante desenvolvemento, cunha folla de ruta con publicación trimestral de versións estables e aberto á colaboración de calquera.