Hoxe remata o prazo para inscribirse no programa OpenJob promovido por ASOLIF en colaboración de INASFO2 e o Ministerio de Traballo, do que xa informamos esta semana.
Complementando a información ao respecto do mesmo, cómpre aclara que se trata dun Programa Activo de Formación e Emprego, co obxectivo da contratación de, cando menos, o 60% dos participantes con avaliación positiva de cada un dos cursos, en postos de traballo relacionados con el sector das TIC.
O curso está dirixido a persoas en situación de desemprego con coñecementos orientados á informática, preferentemente programación, das titulacións:
Ao finalizar o curso, o alumnado será capaz de planificar e implementar solucións corporativas de software libre en organizacións privadas e públicas, así como colaborar no deseño, construción e mantemento de sistemas informáticos e proxectos de software, utilizando software libre.
O programa do curso é o seguinte:
Temario: (275 horas)