RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

Aberto o segundo prazo de matrícula no Máster en Consultoría de Software Libre

Publicado por Mancomún
Xoves, 24 de Setembro de 2009

Máster Consultoría Software LibreO Máster en Consultoría de Software Libre da Universidade de Vigo mantén aberto ata o vindeiro 15 de outubro o segundo prazo de matrícula co obxecto de cubrir o total de prazas ofertadas para o curso.

Esta segunda edición do programa desenvolverase ao longo do curso 2009-2010 na Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense en horario de venres pola tarde e sábados pola mañá. Habilitaranse, como o pasado ano, un total de 30 prazas, A parte teórica do curso poderá completarse con prácticas opcionais en empresas.

O máster, financiado pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, ten como principal obxectivo dotar ao alumno dos coñecementos precisos arredor do software libre de cara a labor profesional nunha consultoría.

Os módulos que se imparten son:

  • Administración e Dirección das TIC
  • Seguridade e Lexislación
  • Ferramentas de Software Libre para Intelixencia de Negocio
  • Tecnoloxías e Frameworks de Desenvolvemento de Software Libre

Máis información e matrícula en http://www.masterconsultoria.es

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas