A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén desenvolvendo, dende hai tempo, diversas actuacións en colaboración coa ONCE e Tadeg@ para mellorar a accesibilidade do equipamento distribuído aos centros, buscando unha resposta educativa válida que contemple a diversidade e respecte as necesidades de todo o alumnado. Ademais está a contar tamén coa colaboración de AGASOL, para o desenvolvemento de solucións baseadas en software libre.
Como froito destas colaboracións, a Consellería vén de anunciar que xa está a disposición dos centros Abalar unha versión accesible para o equipamento distribuído entre o alumnado, deseñada para atender as necesidades específicas daquelas persoas con diversidade funcional.
ABALAR accesible
A maqueta Abalar accesible, igualmente que todo o software que se está a despregar no equipamento Abalar, está tamén integramente baseada en Software Libre.
Así, partindo da maqueta común deseñada para os ultraportátiles e portátiles ABALAR, conta con todo o software educativo e accesible dispoñible en dita maqueta común, ao que se lle engaden outra serie de aplicativos e ferramentas específicas para a atención á diversidade funcional.
Entre as ferramentas específicas desta maqueta accesible destacan:
Na actualidade esta solución está en funcionamento en doce centros educativos sendo xa utilizada por alumnos e alumnas con deficiencia ou discapacidade visual aos que a solución lles permite utilizar o equipamento nas mesmas condicións que os seus compañeiros de aula.
Actualmente o proxecto está estudando novas medidas para atender a alumnado con outro tipo de diversidades funcionais, proceso no que están a colaborar ademais da ONCE e Tadeg@ , profesorado e centros educativos nos que se realizan as probas.
Ademais o futuro do proxecto contempla a integración da accesibilidade dentro da maqueta común con diferentes perfís de usuarios, de xeito que todo o equipamento sexa accesible e non sexa preciso identificar un equipo concreto para a instalación da maqueta accesible.
Deste xeito a Consellería de Cultura e Educación continúa da dar pasos a prol da calidade, atendendo as necesidades de toda a comunidade educativa.