RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

A revista Linux+ está dispoñible gratis e en liña dende este mes

Publicado por Mancomún
Xoves, 7 de Xaneiro de 2010

Segundo unha mensaxe da redactora xefe da revista Linux+, a partir de xaneiro de 2010 esta revista pasará a publicarse exclusivamente en liña para libre descarga en formato pdf (previa subscrición ao boletín de novas) e deixará de saír impresa en formato papel. Desta forma pretenden chegar a un maior número de lectores que dende diversos puntos do planeta lles teñen solicitado a súa distribución nos seus países.

Portada Linux+

 

O contido deste primeiro número gratuíto está adicado á programación e é o seguinte:

 

  • Portada: Interfaces gráficas con SDL
  • Make: compilación intelixente
  • Programando con intelixencia (artificial)
  • Theremín Virtual: Un instrumento musical de nova xeración
  • Ferramentas forenses para a adquisición de datos
  • Análise de soportes de datos con ferramentas de código libre
  • DNS: Domain Name System
  • Linux no instituto: Implementación dun servidor
  • Esclavos de ordenadores novos

Este número pode descargarse dende a propia web de Linux+ previo rexistro na newsletter.

Fonte: DiarioLinux

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas