A Rede de Dinamización organiza un relatorio de achegamento ao software libre en Sada
Publicado por Mancomún
Mércores, 29 de Outubro de 2008
O relatorio, que se impartirá o día 21 de novembro das 18:30 ás 20:30, vai dirixida a persoas que non coñecen o software libre e está enfocada a que dean os primeiros pasos neste:
- Explicación de que é o software libre.
- Filosofía do software libre.
- Breve historia do software, dende o seu comezo á actualidade.
- Distintas distribucións existentes.
- Ubuntu.
- Programas libres: OpenOffice.org , Mozilla Firefox, Mozilla Thunderbird e outros orientados ao contorno empresarial.
- Posibilidade de ter instalado no mesmo computador software libre e software propietario.
Fonte:
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu
Relatorio engadido á Axenda de Eventos de Mancomún.