RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

A OSLUSC imparte un curso sobre "Introdución a Ubuntu GNU/Linux"

Publicado por Mancomún
Xoves, 5 de Marzo de 2009

OSLUSCA Oficina de Software Libre da USC está a impartir durante a primeira quincena do mes de marzo  un curso sobre Introdución a Ubuntu GNU/Linux e que se está a desenvolver na Facultade de Ciencias de Educación do campus sur da universidade compostelá.

Ao igual que o anterior curso, do que deramos conta na web de Mancomún, "iTALC, ferramenta libre de xestión de aula", este curso inscríbese no servizo de formación que a Oficina está a ofrecer a PAS, PDIs e alumnado da Universidade de Santiago de Compostela por medio do Plan de Formación e Innovación Docente.

 

O curso está dirixido fundamentalmente ás persoas vencelladas á facultade de Bioloxía, Química, Matemáticas e Ciencias da Educación, entre outras facultades. O obxectivo do obradoiro céntrase en amosar aos participantes o proceso de instalación, configuración e administración dun sistema GNU/Linux, de xeito que poidan ter total control sobre o mesmo.

 

O programa, que completou xa as dúas primeiras sesións o pasado día 3 e 4 de marzo, rematará cun novo encontro o vindeiro 10 de marzo en horario de 16 a 19 horas na Facultade de Ciencias da Educación.

 

 

Todos os contidos deste obradoiro están a ser impartidos na Aula 16 da Facultade de Ciencias da Educación, onde se está a poñer en práctica o Primeiro Plan Piloto de implantación de GNU/Linux na USC .

 

Segundo esta iniciativa, 25 equipos contan coa personalización de Ubuntu USC rc1.0 "Troia" -baseada na personalización do metapaquete AraOS - e coa escolma preliminar de software necesario para a titulación.

 

O temario do curso reprodúcese a continuación:

 

  1. Instalación

  2. Contorno de escritorio. Tarefas habituais: montar dispositivos, áreas de traballo, manexo do nautilus, copias de seguridade, gravar cederróns, comprimir arquivos...

  3. Aplicacións de uso xeral: Firefox, Evolution, Rythmbox, Pidgin, Totem

  4. Idioma: configuración, modos de entrada, sistema de arquivos, traducións de Mancomún.

  5. Paquetes de software: buscar software novo, instalar, eliminar. Wine: aplicativos de Windows.

  6. Cando o software libre non é de abondo: aplicativos privativos, códecs, controladores.

  7. The GNU/Linux way: a comunidade, os GGULs, documentación, foros de Ubuntu, LFDP. Grupos de Usuarios de GNU/Linux de Galiza.

  8. As posibilidades do GNU/Linux: ofimática, vídeo, deseño e autoedición, ciencia, programación, xogos, VOIP e videoconferencia...

 

Dada a boa resposta rexistrada entre os asistentes, o persoal responsábel do OSLUSC está a negociar un curso semellante para un público mais amplo e que se enmarcaría dentro do programa dos Cursos de Verán da Universidade. Asemade, esperan poder repetir a experiencia dentro doutros centros formativos da universidade.

Fonte: Oficina de Software Libre da USC

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas