Hai unhas semanas dabamos conta da inesperada cancelación da Open Source World Conference prevista para os días 27 e 28 de outubro en Málaga, organizada polos gobernos rexionais da Junta de Andalucía e a Junta de Extremadura, e tamén da rápida reacción do sector empresarial para recoller a testemuña deixada pola administración.
Logo de dúas semanas de intenso traballo o sector do Software Libre de España demostra a súa madurez en Málaga organizando a Libre Software World Conference. O evento é patrocinado e organizado integramente polas empresas e asociacións membros de ASOLIF, Andalibre e o Concello de Málaga.
O xoves 27 de outubro, no Palacio de Congresos de Málaga, as empresas de ASOLIF, entidades públicas e privadas e grandes empresas de toda a xeografía española exporán a súa mellor oferta de software libre ás empresas, profesionais e usuarios interesados na rama da informática de maior crecemento actualmente en todo o mundo.
A completa axenda desta Conferencia estrutúrase en torno a mesas de debate, demostracións de produtos, relatorios e presentacións e conta con participación galega.
Así a empresa galega Igalia participará co relatorio “NavalPlan: Unha nova aplicación web de planificación” e tamén realizará unha demostración do produto. NavalPlan é un aplicativo desenvolvido co financiamento da Xunta de Galicia para mellorar a xestión da produción das empresas do sector auxiliar do Naval Galego. Está deseñado para dar resposta ás necesidades específicas de ditas empresas e a complexidade organizativa e de integración que presentan os procesos produtivos do sector naval.
Por outra parte a asociación Ghandalf , presentará o relatorio “Localización e tradución de documentación de alto nivel no que presentarán a metodoloxía de traballo que desenvolveron e puxeron en práctica para a tradución ao galego do libro Producing Open Source Software.
É de salientar a participación galega tamén na organización do evento, coa representación de Roberto Brenlla da empresa Tegnix, no comité de selección de contidos así como no desenvolvemento de contidos.
O programa completo inclúe:
Mesas de debate (Sala 1):
Demostracións de produtos (Sala 2):
Relatorios (Sala 3):
Presentacións (Sala 4):
Para obter máis información recoméndase consultar a web da Libre Software World Conference.
Fonte: Nota de prensa