O próximo día 10 de marzo terá lugar no Auditorio de Telefónica I+D en Madrid a Asemblea anual da comunidade Morfeo. Dende a comunidade estenden un convite a toda a comunidade para asistir, sen máis que rexistrar a súa asistencia na web do proxecto.
A Comunidade Morfeo converteuse nun referente no ámbito nacional e internacional para proxectos de I+D. O licenciamento OSS da tecnoloxía desenvolvida favoreceu un ecosistema de “open innovation”, favorecendo a innovación e aumentando a eficiencia do gasto en I+D de Administracións Públicas, grandes empresas, Universidades, Centros Tecnolóxicos e pemes. Como resultado máis de 100 organizacións forman parte xa da Comunidade Morfeo.
Ata este momento confirmaron asistencia máis de 25 organizacións e 60 asistentes, polo que a Asemblea será unha excelente oportunidade para coñecer o panorama tecnolóxico nacional e establecer redes de colaboración. A fin de dar cabida aos diferentes colectivos que integran a comunidade, definiuse unha estrutura de actividades en tres bloques: Negocios, Comunidade e Conferencias (SEO Experience, Cloud Computing e OSS en Educación).
A axenda provisional do evento aínda é:
Eventos de Negocios
Eventos da Comunidade
Eventos de networking . Redes I+D
Conferencias
Fonte: Morfeo