Hai escasamente dous días que se realizou a descarga 100 millóns da suite ofimática OpenOffice.org 3 desde o seu lanzamento hai un ano. Hai que ter en conta que so se contabilizan as descargas desde a páxina oficial do OpenOffice.org en http://download.openoffice.org/ e polo tanto quedan fóra desta conta, a maioría das persoas que usan GNU/Linux e que instalan o software desde o seu sistema propio xestor de paquetes así como os que a descargan desde outras webs.
Así o reflicten os datos das súas páxinas de estatísticas:
Con respecto á versión en galego de OpenOffice.org, durante o 2009, realizáronse máis de 61.200 descargas da versión en galego desde a páxina oficial. A continuación mostramos as gráficas que ilustran os seguintes aspectos:
Descargas por sistema operativo:
Descargas por mes, onde apreciamos que coa saída das novas versións, hai un gran incremento de descargas do mesmo: