Menu Content/Inhalt
» Inicio

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Manual básico de identidade corporativa PDF Imprimir Correo-e
escrito por Mancomún o Luns, 21 de Xullo do 2008

Desenvólvense neste manual as normas básicas que  rexerán a correcta utilización dos elementos gráficos  (símbolo e logotipo) representativos de Mancomún.

Este manual constitúe a guía básica para a aplicación  da Identidade Corporativa de Mancomún e  para o uso correcto dos seus signos visuais, que en ningún caso poderán sufrir modificación algunha non autorizada por  escrito por Mancomún.

Descargas da imaxe corporativa

 
versión horizontal
 

Imaxe corporativa en positivo e en formato horizontal
Descarga: [PNG]  [SVG]

 
versión vertical
 Imaxe corporativa en positivo e en formato vertical
Descarga: [PNG]  [SVG]
 
aplicación artística
 Aplicación artísticas da imaxe corporativa
Descarga: [PNG]  [SVG]
 
aplicación círculo
 Aplicación en círculo da imaxe corporativa
Descarga: [PNG]  [SVG]


Elementos de identidade

Os elementos da identidade corporativa de Mancomún son:

Símbolo corporativo:O símbolo corporativo débese utilizar sempre acompañado do logotipo, agás nos casos expresamente especificados no manual.


símbolo

Logotipo: Tipografía corporativa. Para o logotipo “Mancomún” utilízase unha tipografía creada ex profeso: galcomún.

O logotipo débese utilizar sempre acompañado do símbolo corporativo, agás nos casos expresamente especificados neste manual.

 
logotipo

Conxunto de identidade

O símbolo corporativo e o logotipo constitúen o conxunto básico da identidade corporativa de Mancomún.

Na versión en cor, o símbolo e o logotipo corporativo empregarase coas seguintes cores: pantone 193 c e pantone process black c.

Na versión en branco e negro, o símbolo e o logotipo corporativo será negro 100% na súa totalidade, agás no til do “u” que irá ao 50%.

Nunha tinta directa, o símbolo e o logotipo corporativo empregaranse en tinta negra ou roxa.

Cando o fondo sexa da mesma cor do símbolo ou do logotipo corporativo, a cor negra cambiarase por branco.

O logotipo empregará como Tipografía complementaria: Liberation Sans.


Usos incorrectos

Co fin de manter sempre unha imaxe coherente e sólida, quedan recollidos no manual deformacións que nunca serán permitidas.

O símbolo e o logotipo, en calquera das dúas versións, terán que ampliarse ou reducirse proporcionalmente e nunca condensado nin verticalmente nin horizontalmente. Tampouco serán permitidas, cando se imprima en fondo escuro, perfilados do símbolo ou o logotipo, nin encadralos nun fondo claro.

 
usos incorrectos




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...