|
Desenvólvense neste manual as normas básicas que rexerán a correcta utilización dos elementos gráficos (símbolo e logotipo) representativos de Mancomún. Este manual constitúe a guía básica para a aplicación da Identidade Corporativa de Mancomún e para o uso correcto dos seus signos visuais, que en ningún caso poderán sufrir modificación algunha non autorizada por escrito por Mancomún. Descargas da imaxe corporativa
| | | | Imaxe corporativa en positivo e en formato horizontal Descarga: [PNG] [SVG] | | | | | Imaxe corporativa en positivo e en formato vertical Descarga: [PNG] [SVG] | | | | | Aplicación artísticas da imaxe corporativa Descarga: [PNG] [SVG] | | | | | Aplicación en círculo da imaxe corporativa Descarga: [PNG] [SVG] | Elementos de identidade
Os elementos da identidade corporativa de Mancomún son: • Símbolo corporativo:O símbolo corporativo débese utilizar sempre acompañado do logotipo, agás nos casos expresamente especificados no manual. • Logotipo: Tipografía corporativa. Para o logotipo “Mancomún” utilízase unha tipografía creada ex profeso: galcomún. O logotipo débese utilizar sempre acompañado do símbolo corporativo, agás nos casos expresamente especificados neste manual. O símbolo corporativo e o logotipo constitúen o conxunto básico da identidade corporativa de Mancomún. Na versión en cor, o símbolo e o logotipo corporativo empregarase coas seguintes cores: pantone 193 c e pantone process black c. Na versión en branco e negro, o símbolo e o logotipo corporativo será negro 100% na súa totalidade, agás no til do “u” que irá ao 50%. Nunha tinta directa, o símbolo e o logotipo corporativo empregaranse en tinta negra ou roxa. Cando o fondo sexa da mesma cor do símbolo ou do logotipo corporativo, a cor negra cambiarase por branco. O logotipo empregará como Tipografía complementaria: Liberation Sans. Usos incorrectos
Co fin de manter sempre unha imaxe coherente e sólida, quedan recollidos no manual deformacións que nunca serán permitidas. O símbolo e o logotipo, en calquera das dúas versións, terán que ampliarse ou reducirse proporcionalmente e nunca condensado nin verticalmente nin horizontalmente. Tampouco serán permitidas, cando se imprima en fondo escuro, perfilados do símbolo ou o logotipo, nin encadralos nun fondo claro.
Artigos relacionados
|