Mancomún: Últimas novas

Relatorios de Tomeu Vizoso, de SugarLabs, na Coruña
Este próximo xoves 11 de febreiro, Tomeu Vizoso, desenvolvedor de SugarLabs, estará en Coruña impartindo dous relatorios sobre o proxecto Sugar.

O primeiro deles será de carácter introdutorio, no que falará sobre a historia de Sugar, a comunidade que hai ao seu redor e das perspectivas de futuro. O segundo será máis semellante a unha sesión de traballo na que amosará como facer achegas ou corrección de erros ao proxecto.

Tomeu impartirá ambas sesións en español nas oficinas de Igalia, xa que é unha actividade do Máster en Software Libre, aínda que está aberta á participación de calquera, sen máis limitación que o aforo da sala:

Sugar: pasado, presente e futuro, de 16:00 a 17:15

Contribuír código a Sugar, 17:45 a 19:00

Obradoiros de SwL na Rede de Dinamización
Neste mes de febreiro, a oferta de obradoiros relacionados con aplicativos de software libre da Rede de Dinamización continúa na liña dos meses anteriores. Así, segundo os datos dispoñibles na súa web, neste mes impartiranse os seguintes obradoiros dirixidos tanto á poboación en xeral como a empresas e outros colectivos:

Iniciación á Informática: Linux - Os obxectivos xerais deste obradoiro son que o alumnado ao finalizar sexa capaz de manexar con certa soltura os obxectos (arquivos, cartafoles, ferramentas ...) e funcionalidades básicas que ofrece un computador, neste caso usando un sistema operativo baseado en software libre.

Edición de Imaxes: GIMP - O obxectivo xeral do obradoiro é que o usuario/a ao finalizalo sexa capaz de retocar imaxes dixitais empregando o programa libre GIMP.

Procesador de textos: Writer - O obxectivo xeral deste obradoiro é que os asistentes, ao remate do curso, sexan quen de crear e modificar un documento de texto empregando o OpenOffice Writer.

Folla de Cálculo: Calc - O obxectivo xeral é que o alumnado sexa capaz de manexar, ao remate do obradoiro, de xeito básico a aplicación de follas de cálculo OpenOffice Calc.

Presentacións: Impress - Ao finalizar este obradorio os asistentes deberán ser capaces de crear presentación sinxelas co aplicativo OpenOffice Impress.

Manual práctico de supervivencia en la administración electrónica
Alberto López Tallón, funcionario da administración xeral do estado centrado na xestión de proxectos tecnolóxicos no ámbito da administración electrónica e a Lei 11/2007, vén de publicar a primeira edición do Manual práctico de supervivencia en la administración electrónica baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento - non comercial.

Trátase dunha guía práctica concibida para aprender a empregar os servizos electrónicos da Administración Pública na que ademais o autor recolle os fundamentos teóricos e legais precisos para comprender a administración electrónica no seu conxunto, que conta cun capítulo completo adicado ao software libre e de fontes abertas no contexto da Administración Pública.

O manual está dirixido fundamentalmente ao cidadán e aos empregados públicos, aínda que inclúe tamén recadros e capítulos específicos que abordan detalles técnicos orientados aos responsables de proxectos e servizos de administración electrónica, de forma que poidan ser saltados facilmente polos lectores non interesados en profundar nesa parte técnica.

Publicada a versión 1.4 da plataforma eBox
eBox Technologies anunciou onte a publicación da nova versión estable da súa plataforma eBox, servidor Linux dirixido á pequena e mediana empresa que pode actuar como pasarela de rede (gateway), xestor unificado de ameazas de seguridade (UTM), servidor de oficina, xestor da infraestrutura de rede, servidor de comunicacións unificadas ou unha combinación de todas elas.

Esta nova versión incorpora unha serie de melloras e novas funcionalidades. Así por primeira vez introduce opcións de SaaS, tales como a realización de copias de seguranza remotas ou chamadas VoIP de baixo custe a teléfonos móbiles e fixos de todo o mundo, convertendo a plataforma eBox nunha opción de servidor cada vez máis atractiva tanto para as pemes como para os provedores de servizos TIC enfocados ao mercado das pemes.

En palabras de Ignacio Correas, Director Xerente de eBox Technologies, “Agora non só ofrecemos unha completa funcionalidade de servidor e un mellor contorno para provedores TIC para prestación de servizos a través de eBox Control Center, senón que tamén se integran na plataforma unha serie de servizos de subscrición na nube, unindo nunha tecnoloxía común o potencial do código aberto, SaaS e computación na nube.”

Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración Electrónica: estándares abertos e software libre
O pasado venres publicáronse no BOE dous reais decretos que regulan a relación entre a cidadanía e as administracións: o Esquema Nacional de Seguridade e o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración Electrónica.

O Esquema Nacional de Interoperabilidade ten por finalidade crear as condicións necesarias para garantir o adecuado nivel de interoperabilidade técnica, semántica e organizativa dos sistemas e aplicacións empregados polas Administracións Públicas, para evitar a discriminación dos cidadáns por razón da súa elección tecnolóxica. Nel existen indicacións claras respecto do uso de estándares abertos e publicación de aplicativos das administracións como software libre.

No artigo 11, establécese que as administracións públicas usarán estándares abertos, ou no seu caso de forma complementaria, estándares de uso xeneralizado polos cidadáns, co fin de garantir a independencia na elección de alternativas tecnolóxicas polos cidadáns e outras administracións. O uso dun estándar non aberto sen ofrecer unha alternativa en estándar aberto limitarase exclusivamente a aquelas situacións para as que non exista un estándar aberto que satisfaga as necesidades e só mentres se cumpra esta condición. Ademais indica que as administracións deberán promover actividades de normalización para facilitar a disposición de estándares abertos que cubran as súas necesidades. O Estado desenvolverá un catálogo de estándares que satisfagan as condicións deste artigo, de forma estruturada e con indicación dos criterios de selección e ciclo de vida aplicados.

Curso de e-learning 2.0 e software libre en Viveiro
O vindeiro 23 de febreiro celebrarase unha xornada sobre Tecnoloxías da Información e da Comunicación de última xeración, E-learning 2.0 impartida polo profesor Manuel Gromaz Campos na Aula Universitaria de Viveiro e organizada polo Concello de Viveiro, en colaboración coa Universidade a Distancia (UNED) en Lugo.
O curso ten un custe de 5 euros e outorgaralle 1 crédito UNED de Libre Configuración e 0,5 créditos ECTS a tódolos asistentes. O alumnado ao remate do curso deberá ter adquiridas as destrezas e competencias necesarias para empregar entornos virtuais open source de última xeración dende un punto de vista didáctico. Os asistentes, recibirán cadanseu diploma acreditativo, e traballarán fundamentalmente con tecnoloxías de software libre de última xeración, tales como Webminars, LMS, ePorfolios, Redes Sociais, Entornos Virtuais 3D…

Programa para a investigación en robótica de código aberto
Willow Garage, laboratorio de investigación de robótica e incubadora de tecnoloxía adicada ao desenvolvemento de hardware e software de código aberto para aplicacións de robótica persoal, lanza un programa de investigación en código aberto relacionado co seu Robot Persoal PR2.

Este programa consiste na cesión gratuíta de ata aproximadamente dez robots PR2, a outras tantas organizacións de investigación, co obxectivo de acelerar a investigación e desenvolvemento en código aberto no campo da robótica e contribuír ao fortalecemento dunha comunidade de robótica libre.

O PR2 é un sistema integrado, aberto, robusto e extensible, que inclúe brazos, mobilidade, sensores e computación, eliminando a difícil e custoso proceso de ter que construír un robot de cero. As especificacións técnicas poden consultarse na web da compañía. Agardan que a súa plataforma PR2 sexa quen de atraer a atención dos investigadores neste eido e acelere así a compartición do código que facilitará sen dúbida o desenvolvemento de novos sistemas, ferramentas e aplicacións robóticas.

Pandora FMS 3.0. Sistema flexible de monitorización de sistemas
Logo de 4 longos meses de probas, o equipo de desenvolvemento de Pandora FMS comprácese en anunciar a publicación de Pandora FMS 3.0. Trátase dun sistema de monitorización flexible (FMS) de carácter xeral, para grandes contornos, baseado tanto en axentes como en monitorización remota, para todo tipo de sistemas Unix e Windows. Distribúese baixo a licenza GPLv2 e LGPLv2

Segundo indican os seus desenvolvedores, Pandora FMS é quen de detectar tanto se unha interfaz de rede caeu como se as accións de Google baixaron de 500$. É dicir, Pandora FMS pode monitorizar calquera cousa: sistemas operativos, servidores, aplicacións e sistemas hardware— tal como proxies, bases de datos, servidores web, VPN, routers, switches, procesos, servizos, acceso remoto a servidores, etc. todo integrado nunha arquitectura aberta e distribuída. Pandora FMS deseñouse para ser aberto, modular, multiplataforma e fácil de personalizar sen necesidade de ser un experto desenvolvedor.

Precisamente pola versatilidade do sistema, recomendan encarecidamente a lectura do manual de administración tanto para coñecer en detalle para que tipo de monitorización está deseñado e para cal non, como para coñecer como sacarlle o máximo rendemento ao aplicativo.

ifreeTablet: a alternativa española en software libre ao tablet de Apple
Onte tivo lugar a presentación do iFreeTablet, é un computador de baixo custe con pantalla táctil, que ademais de ter as características de outros proxectos similares como OLPC, Classmate, Apple Tablet, Google Tablet, etc., é tamén unha ferramenta de uso educativo, profesional e lúdico, apta para calquera persoa e deseñado para ser empregado por persoas en situación de dependencia (infancia, anciáns, persoas en risco de exclusión ou con diversidade funcional ...)

Segundo recolle o dossier de prensa do produto, este permitirá dispor de forma accesible de Internet, Ofimática, Centro Multimedia e Control de dispositivos domóticos.

Trátase dun proxecto humanitario sen ánimo de lucro do grupo de investigación EATCO da Universidad de Córdoba, a Fundación Red Especial España (FREE) e a Asociación de Entidades de Tecnología de Apoyo para la Autonomía Personal (AETAP) en colaboración coas empresas de base tecnolóxica CPMTI S.L. y CIMA S.L. (Centro de Innovación Multimedia y Animación).

Segundo os desenvolvedores, trátase do primeiro proxecto de computación a nivel mundial 100% software libre que inclúe o desenvolvemento dos seguintes sistemas:

Sistema operativo usando software 	libre e kernel Linux.

Sistema de radio e televisión por 	Internet.

Sistema de control domótico de 	dispositivos dixitais do fogar.

Sistema comunitario de difusión 	de eventos por Internet.

Curso relacionados co software libre na Universidade de Vigo
A Universidade de Vigo oferta varios cursos sobre aplicativos libres, un dirixido ao público en xeral e dous dirixidos ao persoal docente da Universidade.

O primeiro deles é o curso gratuíto denominado Gimp, creación e retoque mediante software libre, centrado no tratamento de imaxes a través do uso de ferramentas de código aberto, dirixido ao público en xeral e que se celebrará na Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra entre o 1 e o 12 de febreiro, os luns, mércores e venres en horario de 19:00 a 21:00 horas.

Ofértase un total de 20 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. A matrícula é gratuíta e poderá formalizarse ata o vindeiro venres día 29 de xaneiro a través da plataforma Bubela da Área de Posgrao Virtual. A información relativa a este curso pode consultarse na páxina web da Vicerreitoría do campus de Pontevedra. O curso, que será impartido pola profesora, Sonia Fernández Ferrón, vai dirixido tanto á comunidade universitaria como ás persoas externas a ela, que queiran ampliar os seus coñecementos na creación e tratamento de imaxes dixitais. Impartiranse nocións de como crear, manexar, editar e retocar imaxes empregando este software, que constitúe unha alternativa á coñecida aplicación comercial PhotoShop.

O segundo dos cursos ofertados é Openoffice e o seu uso na docencia universitaria (Campus de Vigo) dirixido a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo con preferencia a aqueles que non realizaran ningunha das edicións do curso "Elaboración de materias docentes empregando ferramentas informáticas gratuítas". O obxectivo deste curso é familiarizarse coas distintas aplicacións que compoñen o paquete Openoffice, o equivalente en software libre ao Microsoft Office, con algunha aplicación máis, como o programa de debuxo.

O período de matrícula abrangue desde o 13 de xaneiro ata o 4 de marzo de 2010, e celebrarase entre o 8 e 15 de marzo e o 22 de marzo.