| Movemento asociativo |
|
|
|
|
Un Grupo de Usuarios de GNU/Linux , (en inglés Linux User Group LUG) é unha asociación sen ánimo de lucro que tenta difundir o uso de GNU/Linux e do Software Libre no seu ámbito, así como servir de soporte para os usuarios deste tipo de software. Habitualmente, xorden nas universidades ou centros de estudos, ou en calquera lugar nos que persoas interesadas no Software Libre se reúnen e artellan actividades relacionadas co mesmo, como conferencias, xornadas de difusión, cursos, etc. Se queres achegarte ao mundo do software libre, é un bo lugar ao que podes acudir para pedir axuda ou buscar información. En mancomun.org temos un directorio de LUG , aberto a novas incorporacións que todavía non teñamos detectadas. Ademais dos LUG temos identificadas outras agrupacións de usuarios que conforman o tecido asociativo en relación ao Software Libre en Galiza. Están accesibles nas seccións de "Informática e lingua ", así como en "Outras asociacións ".
Na actualidade en Galiza temos detectadas as seguintes asociacións de usuarios de GNU/Linux e Software Libre:
Se formas parte doutra asociación de usuarios de software libre que non apareza no anterior listado, por favor ponte en contacto co administrador web a través da sección Contacto, para poder engadila ao listado. Segundo o Observatorio de mancomun.org o uso do galego nas aplicacións informáticas é minoritario. O Software Libre ofrécenos unha excelente oportunidade para localizar software a diferentes idiomas, xa que temos acceso ao código fonte. Neste sentido, existen en Galiza diferentes agrupacións de usuarios que levan xa tempo adicados á localización de software ao galego. Sen ánimo de excluir a ninguén citamos as seguintes:
Esta listaxe non é pechada polo que se pertences a unha agrupación destas características, por favor, contacta con nós a través da sección de Contacto da nosa Web.
O movemento asociativo en Galiza é importante e relevante. Ademais dos LUG e das agrupacións de usuarios adicadas á localización de software ao galego, existen outras iniciativas que enumeramos a continuación:
Ademais, existen moitas outras asociacións de ámbito nacional sendo a máis antiga Hispalinux. Esta listaxe non é pechada polo que se pertences a unha agrupación destas características, por favor, contacta con nós a través da sección de Contacto da nosa Web. |


» Movemento asociativo 





















