2.5
64 Como xa informamos no seu día, Tegnix é un centro de formación asociado LPI ou polas súas siglas LPI ATP. Hoxe nos informan dende Tegnix que xa está aberto o prazo para matricularse no primeiro dos módulos formativos dirixidos á preparación para a Certificación Profesional Junior en GNU/Linux ou LPIC -1 cunha duración de 80 horas.
A convocatoria que acaban de publicar é para o curso de formación en liña. Nesta modalidade ofertan sesións en directo con vídeo, son, chat e compartición de escritorio nas que o alumnado pode intervir a través do sistema de videoconferencia integrado na súa plataforma de teleformación. Ademais, de non poder asistir en directo, o alumnado tamén poderá descargar os vídeos para seguir ás clases de xeito asíncrono.
As clases comezarán na segunda semana de abril e distribuiranse en dúas sesión semanais de dúas horas cada unha ao longo de aproximadamente 5 meses no seguinte horario:
Antes de iniciar o curso farase unha proba de nivel dirixida á creación de grupos homoxéneos. O número máximo de alumnos por grupo é de quince. Entre os requisitos necesarios para poder seguir adecuadamente o curso indican que cómpre ter unha conexión a internet (mínimo 2 Mbps) para poder seguir o curso e usar GNU/Linux ou instalar unha máquina virtual facilitada por Tegnix.
[Ler máis]
-
57 Os vindeiros días 26, 27 e 28 de marzo terá lugar a undécima edición da Xuventude Galicia Net, que logo do cambio de localización para o evento coincidente co seu décimo aniversario, este ano regresa ao Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.
Nos últimos anos esta party converteuse nunha plataforma para dar a coñecer os últimos avances tecnolóxicos, e por suposto, para a potenciar o software libre. A novidade deste ano é que os habituais obradoiros que se imparten durante os tres días do evento, están abertos á participación do público en xeral. Son obradoiros gratuítos, nos que poderán participar todas as persoas que estean interesadas en asistir, e non só os usuarios inscritos do evento. O único requisito necesario é apuntarse previamente a través do apartado 'Obradoiros' da páxina web do XGN11.
Entre todos os obradoiros dispoñibles hai numerosos sobre software libre. Como podemos ler na web do GLUG, gran parte deles serán impartidos por membros desta asociación, aínda que tamén haberá participación doutras asociacións como GALPon e empresas como Openhost, segundo se ve no programa dos obradoiros. A oferta de obradoiros de software libre é a seguinte:
[Ler máis]
-
50 Logo do éxito do pasado ano, a Comisión de Normalización Lingüística da ETSE da USC organiza en abril o II ETSE Open de SL / Fiadeiro de localización de software libre, conxuntamente coa Oficina de Software Libre e co Servizo de Normalización Lingüística. Esta actividade persegue a promoción da lingua galega ligada ao impulso na utilización do software libre na USC, cumprindo así varios obxectivos recollidos tanto Plan de Normalización Lingüística como no Plan Estratéxico das TIC.
Grazas a esta iniciativa, por segundo ano consecutivo, tanto estudantes como docentes, PDI ou PAS da USC terán a oportunidade de traballaren a prol da galeguización dunha serie de aplicacións informáticas de software libre que se utilizan na Escola. Os obxectivos do ETSE Open de SL son:
1
45 A Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa organiza o curso “Linux na docencia universitaria”, dirixido a profesores e profesoras da Universidade de Vigo co obxectivo de explicarlles aos usuarios habituais de Windows “que Linux ofrece as mesmas funcionalidades, é igual de doado en canto ao seu manexo e, aínda por enriba, non custa nada”.
O curso terá unha duración de 10 horas que se impartirán os días 5, 8, 12, 15 e 19 de abril de 10:00 a 12:00 cunha metodoloxía fundamentalmente de "prácticas guiadas", impartido polo profesor Xosé Antón Vila Sobrino, co seguinte programa:
Sindicación RSS: Novas