3.75
407 Hai pouco máis dun ano, informábamosvos sobre GS4Spam, un complemento para a coñecida ferramenta SpamAssasintm desenvolvido por investigadores e empresas galegas co financiamento da Xunta de Galicia, para axudar aos administradores de sistemas na súa loita diaria contra o correo lixo.
Pois unha vez máis o grupo SING volve ser noticia, desta volta da man do seu proxecto Wirebrush4spam, un proxecto con licenza GPLv3 que aplicando técnicas de I+D+i a software xa existente obtén unha nova ferramenta contra o correo lixo, moito máis rápida e efectiva que as actuais do mercado.
“Wirebrush for Spam” é un middleware de filtrado de correo lixo extremadamente efectivo inspirado na tecnoloxía de SpamAssasin. Os investigadores do grupo SING, partindo dunha completa análise do funcionamento de SpamAssasin, o referente neste ámbito, e da identificación dos seus puntos fortes e das súas eivas, desenvolven unha nova ferramenta escribindo o seu código dende cero, integramente en C (non inclúe ningún código perl do SpamAsassin) e implementando unha arquitectura altamente extensible con plugins.
O funcionamento do sistema baséase no uso de regras de filtrado semellantes ás que emprega SpamAssassin mais aplicando unha serie de novos conceptos e ideas co obxectivo de que o filtrado sexa máis rápido e efectivo. Os resultados que están a obter son espectaculares, conseguindo velocidades de clasificación de mensaxes 10 veces superiores aos tempos de SpanAsassin.
[Ler máis]
3.75
355
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén desenvolvendo, dende hai tempo, diversas actuacións en colaboración coa ONCE e Tadeg@ para mellorar a accesibilidade do equipamento distribuído aos centros, buscando unha resposta educativa válida que contemple a diversidade e respecte as necesidades de todo o alumnado. Ademais está a contar tamén coa colaboración de AGASOL, para o desenvolvemento de solucións baseadas en software libre.
Como froito destas colaboracións, a Consellería vén de anunciar que xa está a disposición dos centros Abalar unha versión accesible para o equipamento distribuído entre o alumnado, deseñada para atender as necesidades específicas daquelas persoas con diversidade funcional.
ABALAR accesible
A maqueta Abalar accesible, igualmente que todo o software que se está a despregar no equipamento Abalar, está tamén integramente baseada en Software Libre.
[Ler máis]
2.5
302
Segundo a nota de prensa distribuída por AGASOL, a Asociación de empresas Galegas de Software Libre, esta triplicou o seu volume de negocio durante o último ano.
O crecente incremento da demanda de servizos de software libre en Galicia é xa unha tendencia que está a marcar o proceso de evolución das TIC en todos os seus ámbitos.
AGASOL, que aglutina a día de hoxe a vinte e nove das empresas galegas que traballan con sistemas de código aberto, multiplicou por tres este ano o seu volume de negocio. Segundo o seu xerente, Luis Alberto Fernández, este incremento explícase “debido a que cada vez máis as empresas, as administracións e os distintos actores sociais escollen traballar con programas informáticos libres, que poden ser mellorados e adaptados ás necesidades, ao tempo que adoitan ser gratuítos, e por tanto supoñen un importante aforro económico”.
AGASOL é unha entidade especializada na captación de oportunidades para as empresas de software libre fronte ao software privativo. Neste ano 2011, as empresas desenvolvedoras de software libre melloraron notablemente a súa capacidade de actuación, en parte pola boa resposta que se está obtendo de empresas e particulares que escollen a opción de non ten que pagar polas licenzas do software privativo.
[Ler máis]
3
137
O venres pasado, o Observatorio nacional do software de fontes abertas de CENATIC, presentou os principais resultados do Panel de Indicadores sobre Software Libre en España, no marco da Conferencia Internacional do Software Libre 2012 celebrada en Granada.
O Panel de Indicadores é un proxecto do Observatorio de CENATIC cuxos datos se obteñen seguindo recomendacións e estándares europeos, e por tanto, supón o primeiro achegamento estatístico ao ecosistema económico do software libre aplicando estes estándares metodolóxicos, e coa colaboración do Instituto Nacional de Estatística (INE).
Os resultados presentados en Granada corresponden a dúas enquisas elaboradas en dous ámbitos ben diferenciados: a Administración Xeral do Estado e o sector TIC.
[Ler máis]