-
34
Desde Mancomún queremos anunciarvos a dispoñibilidade da memoria de tradución do Firefox 3.5 ao galego. A memoria de tradución está no formato estándar TMX e máis nun ficheiro PO de maneira que poida ser usado en calquera programa de tradución que aínda non sexa compatíbel co estándar TMX.
A memoria de tradución (MT) dun proxecto de localización é un produto de valor engadido que permite a reutilización do esforzo da comunidade galega na progresivo perfeccionamento do estilo e do glosario empregados. Mancomún, como aglutinador e coordinador dalgún dos proxectos máis importantes, asumiu ante a comunidade dos axentes de localización o compromiso da liberación do coñecemento/retorno do investimento mediante a publicación de TMX e a xeración de recursos lingüísticos.
[Ler máis]
-
9 Máis de mil programadores de software libre de todo o mundo convertirán desde hoxe ata o vindeiro 7 de xullo á illa de Gran Canaria nun importante punto de referencia no mundo do código aberto coa celebración do Gan Canaria Desktop Summit 2009. Este encontro simultaneará a organización de dous congresos, correspondentes ás dúas maiores comunidades que desenvolven contornos de escritorio para Linux (KDE e GNOME), e que por primeira vez buscarán tamén espazos de traballo en común.
Á Gran Canaria Desktop Summit asistirán os mellores programadores do mundo, así como empresas de gran recoñecemento como IBM, Google ou Nokia, ou estudantes e profesionais -entre eles unha importante representación dos integrantes da empresa galega Igalia-do sector da informática interesados nesta outra forma de entender o desenvolvemento do software.
Canarias puxou para aloxar o congreso en Gran Canaria, fronte a outras candidaturas, entre as que se atopaba á da cidade da Coruña, a cal foi presentada conxuntamente pola Universidade da Coruña, Igalia e GPUL (Grupo de Usuarios e Programadores de Linux). Feito do que xa foi dando conta Mancomún no seu momento.
[Ler máis]
-
13 Sun Microsystems convoca tamén os seus premios Fin de Carreira
A plataforma SourceForge.net mantén aberto ata o vindeiro 20 de xullo o período de votacións para os proxectos finalistas do premio Community Choice Awards 2009, que celebra anualmente SourceForge.net. Nesta fase os membros da comunidade de software libre poderán escoller os mellores proxectos do mundo entre un total de 85 aplicativos repartidos en 12 categorías.
Como xa anunciara anteriormente Mancomún, a edición deste ano incorpora novas categorías ás que concorreron sobre 47.000 proxectos.
Sourceforge.net é un dos directorios con maior cantidade de software libre dispoñíbel en rede, cun volume de case 184.000 proxectos libres para descarga en calquera momento e sen custo ningún. Os premios Community Choice Awards están patrocinados por empresas como Microsoft, Mozilla, A Fundación Linux...
[Ler máis]
3
26
O pasado 30 de xuño, Sun Microsystems publicou VirtualBox 3.0.0, unha actualización maior que presenta novidades importantes, como a capacidade para SMP (multiprocesamento simétrico), ou melloras nas capacidades 3D.
Vendo a lista de cambios desta versión, poderiamos destacar:
Sindicación RSS: Novas