| Este venres almorzo de traballo sobre OpenBravo e ferramentas de xestión empresarial |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Mércores, 28 de Marzo do 2007 | |
|
Este venres día 30 de marzo Mancomun.org organiza un almorzo de traballo sobre o ERP libre OpenBravo e outras ferramentas de xestión empresarial libres. Esta xornada dirixida a técnicos e empresarios vai contar coa presenza de Jordi Màs, Community Manager de OpenBravo, coordinador da comunidade de usuarios Softcatalá e experto en Software Libre con ampla experiencia no sector. O evento terá lugar na sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre en Santiago de Compostela. As empresas interesadas en participar aínda poden apuntarse enviando un correo a mancomun@mancomun.org. A selección farase por rigoroso orde de chegada. Estará divida en tres sesións:
O obxectivo desta xuntanza é reunir a un grupo reducido de empresas do sector TIC ao redor desta temática para compartir coñecemento e experiencias sobre este produto e o desenvolvemento de solucións OpenSource para a PEME.Este evento forma parte dos actos da Rede de Cooperación Local do Concello de Santiago de Compostela e conta coa colaboración do Concello e da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre. |
















