Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Eventos arrow Este venres almorzo de traballo sobre OpenBravo e ferramentas de xestión empresarial
Este venres almorzo de traballo sobre OpenBravo e ferramentas de xestión empresarial PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 28 de Marzo do 2007

Este venres día 30 de marzo Mancomun.org organiza un almorzo de traballo sobre o ERP libre OpenBravo e outras ferramentas de xestión empresarial libres. Esta xornada dirixida a técnicos e empresarios vai contar coa presenza de Jordi Màs, Community Manager de OpenBravo, coordinador da comunidade de usuarios Softcatalá e experto en Software Libre con ampla experiencia no sector. O evento terá lugar na sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre en Santiago de Compostela.  As empresas interesadas en participar aínda poden apuntarse enviando un correo a mancomun@mancomun.org. A selección farase por rigoroso orde de chegada.

 Estará divida en tres sesións:

  • 11:00 - 12:00 Sesión aberta: Presentación de OpenBravo ás empresas.(acceso libre)
  • 12:00 - 14:00 Sesión de traballo (inscrición gratuíta con prazas limitadas para as empresas do sector TIC): Panel de debate coa presenza de Jordi Mas sobre oportunidades de negocio do Software Libre de xestión empresarial.
  • 14:30 - 16:30 Sesión aberta previa inscrición gratuíta (excluído o importe da comida): Xantar de traballo.

O obxectivo desta xuntanza é reunir a un grupo reducido de empresas do sector TIC ao redor desta temática para compartir coñecemento e experiencias sobre este produto e o desenvolvemento de solucións OpenSource para a PEME.Este evento forma parte dos actos da Rede de Cooperación Local do Concello de Santiago de Compostela e conta coa colaboración do Concello e da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre.




ChuzaMeneameDel.icio.us!



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement