|
Concurso público para a contratación de horas de formación en Software Libre para Mancomun.org |
|
|
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 16 de Marzo do 2007 |
 Mancomun.org, Iniciativa Galega polo Software Libre saca a concurso a contratación de 2.000 horas de formación para impartir formación en Software Libre dirixida á PEME e á divulgación entre a sociedade en xeral. Esta iniciativa parte dos resultados do estudo realizado por Mancomun.org O Software Libre nas entidades de Galiza no que se especificaba que o primeiro obstáculo no espallamento do Software Libre era o seu descoñecemento. Este mesmo estudo sinalaba a importancia crítica de formar tanto ás empresas coma aos cidadáns neste tipo de tecnoloxía. Os pregos técnico e administrativo están dispoñibles na web do Cesga.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 9 de abril ás 14 horas. Estas deben ser enviadas a S.A.X. Cesga Avenida de Vigo, s/n (Campus Sur) 15705 Santiago de Compostela.
Artigos relacionados
|