| Representación das universidades galegas no I Concurso Universitario de Software Libre |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 09 de Marzo do 2007 | |
|
Entre os 93 participantes do I Concurso Universitario de Software Libre temos unha importante representación das tres universidades públicas galegas con proxectos de diferentes características. Esta é a listaxe de proxectos que representan ás tres universidades galegas: 1. AulaChat Sistema de comunicación baseado na arquitectura cliente-servidor para a xestión de datos e comunicacións entre profesores e alumnos.2. Free hardware manager Xestor de hardware avanzado que permite a detección e configuración de dispositivos.3. Orsetta (Xestor de Eventos) Sistema Xestor de Contidos (CMS) orientado á xestión de tarefas relacionadas coa organización de eventos.4. PaintPol Aplicación que permite que dous ou máis usuarios debuxen sobre un único lienzo a través de Internet. É unha mistura de mensaxería instantánea e editor de imaxes.5. Proxecto Open Pipe Proxecto que mistura software libre e hardware libre para crear un instrumento musical dixital para músicos que tocan instrumentos de vento. Artigos relacionados
|

















