| Descargar a tradución do Firefox ao galego |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 05 de Marzo do 2007 | |
|
A ligazón para a descarga da tradución é a seguinte: Complemento coa tradución ao galego do Firefox 2.0 Para ver as instrucións de instalación prema en ler máis... Instrucións para a instalación da tradución: Para usar a tradución temos que instalar o complemento (gl-ES.xpi). Para instalar este complemento só temos que arrastrar o ficheiro gl-ES.xpi a unha ventá aberta do Firefox. Feito isto, se temos o sistema operativo en galego, o Firefox arrancará por defecto xa en galego. Se non fose así, deberemos engadir un parámetro de execución ao Firefox. O parámetro é o seguinte (sen as comiñas): "-uilocale gl-ES" Outra opción é instalando o paquete de idioma e despois un complemento a maiores, o Locale Switcher, que permite seleccionar o idioma sen ter que poñer o parámetro anterior. Instálase, reiníciase e xa aparece en "Ferramentas->Idiomas->Galego" Para instalar "Locale Switcher" https://addons.mozilla.org/firefox/356/ Artigos relacionados
|

















