Produtos
Anterior
  • Galinux

    Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador compatíbel no noso propio idioma: o galego....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 me...

    Máis información
  • Openoffice.org

    OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas....

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Messen...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas

ACTIVIDADES

  • II Fiadeiro de localización de software libre na USC

    Publicado por Mancomún
    Venres, 12 de Marzo de 2010
    • Valoración -
    • Lecturas 36

    Logo do éxito do pasado ano, a Comisión de Normalización Lingüística da ETSE da USC organiza en abril o II ETSE Open de SL / Fiadeiro de localización de software libre, conxuntamente coa Oficina de Software Libre e co Servizo de Normalización Lingüística. Esta actividade persegue a promoción da lingua galega ligada ao impulso na utilización do software libre na USC, cumprindo así varios obxectivos recollidos tanto Plan de Normalización Lingüística como no Plan Estratéxico das TIC.

    Grazas a esta iniciativa, por segundo ano consecutivo, tanto estudantes como docentes, PDI ou PAS da USC terán a oportunidade de traballaren a prol da galeguización dunha serie de aplicacións informáticas de software libre que se utilizan na Escola. Os obxectivos do ETSE Open de SL son:

    • Fornecer formación técnica para a localización ao galego de software libre.
    • Contar con software que se use na USC en galego, mediante procesos de localización.
    • Impulsar a comunidade universitaria de localización.
    • Impulsar o uso do galego.
    • Impulsar o coñecemento e o uso da software libre.
    [Ler máis]
  • Curso no Campus de Ourense sobre Linux na docencia universitaria

    Publicado por Mancomún
    Venres, 12 de Marzo de 2010
    • Valoración 1
    • Lecturas 33

    A Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa organiza o curso “Linux na docencia universitaria”, dirixido a profesores e profesoras da Universidade de Vigo co obxectivo de explicarlles aos usuarios habituais de Windows “que Linux ofrece as mesmas funcionalidades, é igual de doado en canto ao seu manexo e, aínda por enriba, non custa nada”.

    O curso terá unha duración de 10 horas que se impartirán os días 5, 8, 12, 15 e 19 de abril de 10:00 a 12:00 cunha metodoloxía fundamentalmente de "prácticas guiadas", impartido polo profesor Xosé Antón Vila Sobrino, co seguinte programa:

    1. Introdución a Linux, instalación, ámbito de escritorio.
    2. Sistema de arquivos, permisos, configuración do contorno.
    3. Administración do sistema: usuarios, rede, periféricos, xestión de paquetes,…
    4. Utilidades varias: compresión de arquivos, copias de seguridade, mensaxería instantánea e multimedia. 
    5. Como obter axuda e información.
    [Ler máis]
  • Estudo sobre a situación actual do software de fontes abertas nas Universidades españolas e Centros de I+D españois

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 10 de Marzo de 2010
    • Valoración 5
    • Lecturas 382

    O estudo presentado hoxe por CENATIC reflicte que o software libre está presente na práctica totalidade das Universidades e Centros de I+D españois.

     

    Foto da presentación do estudoCENATIC presentou hoxe en Madrid, na 3ª asemblea da comunidade Morfeo, o "Estudo sobre a situación actual do software de fontes abertas nas Universidades españolas e Centros de I+D españois". Trátase do primeiro informe que incorpora información cualitativa e cuantitativa do estado de implantación e uso das tecnoloxías libres no mundo académico e investigador en España. 

    O informe, elaborado por CENATIC a través do Observatorio Nacional do Software de Fontes Abertas (ONSFA), en colaboración co grupo Libresoft da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, e o grupo CRUE-TIC-SL da Comisión Sectorial do TIC da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas, inclúe os resultados dunha enquisa sobre o uso de tecnoloxías de fontes abertas na Universidade española, así como o estudo de 25 casos de implantación, desenvolvemento e promoción de tecnoloxías libres, e unha selección de 20 proxectos I+D en torno ao software de fontes abertas financiados por programas de ámbito estatal e europeo.

    [Ler máis]
  • Anuncio oficial da Akademy-es 2010

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 10 de Marzo de 2010
    • Valoración 4.5
    • Lecturas 34

    Akademy-es 2010A Asociación KDE España organiza un ano máis a Akademy-es, a reunión hispana de usuarios e desenvolvedores de KDE. Este ano a coorganización correrá a cargo de Itsas, o grupo de Software Libre da UPV/EHU (Universidade do País Vasco) coa colaboración do Departamento de Cultura do Goberno Vasco. Celebrarase os días 7, 8 e 9 de maio na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Bilbao.

    Durante o evento realizaranse charlas, obradoiros e outras actividades (saídas, ceas, ...) coas que se pretenden acadar os seguintes obxectivos:

    • Pór en contacto a desenvolvedores de KDE de toda España, para que poidan falar dos proxectos nos que están a traballar, compartir código, experiencias e coñecementos.
    • Informar a profesores e estudantes universitarios das capacidades e vantaxes de KDE, para promover o desenvolvemento de Proxectos Fin de Carreira relacionados coa súa plataforma e impulsar o crecemento da comunidade.
    • Dar a coñecer o proxecto KDE como contorno de escritorio e desenvolvemento a persoas sen perfil técnico.
    [Ler máis]

En profundidade

Linux para os cálculos máis esixentes Máis información

Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas