Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Políticas e iniciativas arrow Zaragoza pásase ao Software Libre

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Zaragoza pásase ao Software Libre PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 26 de Febreiro do 2007

É un proceso no que xa levan tempo, e que teñen como obxectivo rematar a finais de 2008. O Ayuntamiento de Zaragoza estima aforrar entre 800.000 e 1.000.000 de euros.

Esta migración, que se fará en colaboración con Novell, requirirá unha inversión inicial e única de cerca de 700.000 euros para a formación dos traballadores do concello e para a migración ao Software Libre.

"É máis difícil cambiar os hábitos dos funcionarios co sistema operativo", asegura Ricardo Cavero, concelleiro de Ciencia e Tecnoloxía.

Este proceso realizarase en dúas fases. A primeira será a renovación das aplicacións ofimáticas, procesador de textos, folla de cálculo, correo electrónico, ... O concello elixiu as solucións de OpenOffice neste apartado. E a segunda será a migración do sistema operativo.

Asemade, a modernización non suporá graves problemas xa que a interface dos programas informáticos cos que se traballará no concello son similares aos empregados ata agora e son compatibles con case calquera aplicación. Un dos compromisos de Belloch foi o de impulsar o Software Libre ao considerar que é unha tendencia mundial, e que responde ás recomendacións da Administración General del Estado e da Unión Europea.

O Ministerio de Administraciones Públicas, na súa proposta sobre o uso do Software Libre, resalta ca instalación de Linux afecta directamente á libertade de elección, á protección da inversión, á mellor relación custe/rendemento e á garantía de comunicación e interoperabilidade.

O gabinete de prensa e a oficina de relacións co cidadán xa están empregando OpenOffice, e os seguintes en facelo serán os funcionarios do rexistro municipal. Nos próximos dous meses comezará a formación con cursos para solucionar calquera problema de manexo ou comprensión.

Fonte: Libro Blanco  





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Advertisement
Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...