-
12 Logo do éxito do pasado ano, a Comisión de Normalización Lingüística da ETSE da USC organiza en abril o II ETSE Open de SL / Fiadeiro de localización de software libre, conxuntamente coa Oficina de Software Libre e co Servizo de Normalización Lingüística. Esta actividade persegue a promoción da lingua galega ligada ao impulso na utilización do software libre na USC, cumprindo así varios obxectivos recollidos tanto Plan de Normalización Lingüística como no Plan Estratéxico das TIC.
Grazas a esta iniciativa, por segundo ano consecutivo, tanto estudantes como docentes, PDI ou PAS da USC terán a oportunidade de traballaren a prol da galeguización dunha serie de aplicacións informáticas de software libre que se utilizan na Escola. Os obxectivos do ETSE Open de SL son:
-
13 A Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa organiza o curso “Linux na docencia universitaria”, dirixido a profesores e profesoras da Universidade de Vigo co obxectivo de explicarlles aos usuarios habituais de Windows “que Linux ofrece as mesmas funcionalidades, é igual de doado en canto ao seu manexo e, aínda por enriba, non custa nada”.
O curso terá unha duración de 10 horas que se impartirán os días 5, 8, 12, 15 e 19 de abril de 10:00 a 12:00 cunha metodoloxía fundamentalmente de "prácticas guiadas", impartido polo profesor Xosé Antón Vila Sobrino, co seguinte programa:
5
374 O estudo presentado hoxe por CENATIC reflicte que o software libre está presente na práctica totalidade das Universidades e Centros de I+D españois.
CENATIC presentou hoxe en Madrid, na 3ª asemblea da comunidade Morfeo, o "Estudo sobre a situación actual do software de fontes abertas nas Universidades españolas e Centros de I+D españois". Trátase do primeiro informe que incorpora información cualitativa e cuantitativa do estado de implantación e uso das tecnoloxías libres no mundo académico e investigador en España.
O informe, elaborado por CENATIC a través do Observatorio Nacional do Software de Fontes Abertas (ONSFA), en colaboración co grupo Libresoft da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, e o grupo CRUE-TIC-SL da Comisión Sectorial do TIC da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas, inclúe os resultados dunha enquisa sobre o uso de tecnoloxías de fontes abertas na Universidade española, así como o estudo de 25 casos de implantación, desenvolvemento e promoción de tecnoloxías libres, e unha selección de 20 proxectos I+D en torno ao software de fontes abertas financiados por programas de ámbito estatal e europeo.
[Ler máis]
-
18
A Asociación KDE España organiza un ano máis a Akademy-es, a reunión hispana de usuarios e desenvolvedores de KDE. Este ano a coorganización correrá a cargo de Itsas, o grupo de Software Libre da UPV/EHU (Universidade do País Vasco) coa colaboración do Departamento de Cultura do Goberno Vasco. Celebrarase os días 7, 8 e 9 de maio na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Bilbao.
Durante o evento realizaranse charlas, obradoiros e outras actividades (saídas, ceas, ...) coas que se pretenden acadar os seguintes obxectivos:
Sindicación RSS: Novas