Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Iniciativas PEME arrow Caja de Guadalajara leva GNU/Linux a todos os seus computadores
Caja de Guadalajara leva GNU/Linux a todos os seus computadores PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 08 de Febreiro do 2007

Os ordenadores dos 400 empregados e 130 oficinas de Caja de Guadalajara funcionarán dentro duns meses somentes con Software Libre. O cambio supuxo un aforro entre 900.000 e un millón de euros segundo a consultora Entel, que colaborou na transición cara GNU/Linux da caixa. O proxecto foi presentado esta mañá na terceira Conferencia Internacional de Software Libre que se está celebrando en Badajoz.

A entidade afirma ser a primeira de España en realizar esta aposta polo Software Libre...

A transición cara GNU/Linux estase probando agora con un proxecto piloto que se prevé estender progresivamente a todas as oficinas, hasta completalo en maio, cando o sistema completo entrará en produción. Entón, todo o que os usuarios encontrarán no seu escritorio será Software Libre: usarán o navegador Firefox, o xestor de correo electrónico Thunderbird, etc. Ademais a distribución de GNU/Linux que usarán será Ubuntu.

Pablo Ruiz, responsable de Software Libre en Entel, explica que o cambio dende o software propietario ao Software Libre foi moi gradual. Na decisión de cambio influíu decisivamente o feito de que a Caja de Guadalajara utilizaba Windows NT, unha versión bastante antiga do sistema operativo de Microsoft para a que xa non existe soporte técnico oficial.

O salto a outro sistema operativo era necesario e a parte do aforro que según Entel supuxo, outras razóns levaron a entidade a elixir Software Libre. Tanto Pablo Ruiz como Andrés Seco, responsable de sistemas de Caja Guadalajara coinciden en sinalar que un dos obxectivos era lograr a independencia respecto ao provedor de sistemas informáticos...


Podes ler a nova completa na súa fonte orixinal en:
http://www.elpais.com





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement