Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Educación arrow Todos os centros educativos de Galicia terán o OpenOffice.org
Todos os centros educativos de Galicia terán o OpenOffice.org PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Venres, 22 de Decembro do 2006
http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gif A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Innovación e Industria enviarán a todos os centros educativos de Galicia un CD-ROM co OpenOffice.org en galego, xunto co seu corrector lingüístico. A iniciativa é a primeira dunha serie de accións que se esperan concretar no ano 2007 e que abranguen, entre outras, a formación para o profesorado no paquete ofimático e soporte técnico.
 
O OpenOffice.org en lingua galega comprende un conxunto completo de aplicacións para o traballo ofimático como son, o procesador de textos, unha folla de cálculo, unha base de datos, un xerador de presentacións multimedia, un programa de debuxo, un editor de ecuacións matemáticas e outras ferramentas, ademais dun corrector ortográfico de galego totalmente integrado.
 
O ámbito educativo é un sector clave no que, ademais de propiciar o coñecemento e a difusión deste software por toda a cidadanía galega, a presenza destes programas achegan importantes vantaxes polas súas propias características de libre disposición, de adaptabilidade e de posibilidade de dispoñer del en galego. 




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement