| Nova oferta de emprego en Software Libre para traballar na forxa de mancomun.org |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 21 de Decembro do 2006 | |
|
O Vicerreitorado de Calidade e Harmonización Europea convoca un contrato de traballo de persoal de asesoramento lingüistico para o desenvolvemento do convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria (en adiante CII) e a Universidade da Coruña (en adiante UDC) para a dinamización e coordinación dos proxectos de localización e creación de software en galego baixo a supervisión da Oficina de Sóftware Libre da UDC. O obxecto desta convocatoria e a contratación laboral dunha persoa que, baixo a supervisión da Oficina de Sóftware Libre da UDC, farase cargo das tarefas de asesoramento lingüistico da forxa (espazo web) de sóftware integrada en mancomun.org, e para a dinamización dos proxectos de localización ou creación de software, manuais e documentación en galego...
Esta oferta de emprego tamén foi enviada a lista de "Ofertas de traballo relacionadas co Software Libre" que publicamos hoxe mesmo. Bases da convocatoria da oferta de contrato laboral de persoal de asesoramento lingüístico na oficina de Software Libre da UDC para o desenvolvemento da Forxa de mancomun.org Artigos relacionados |
















