Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow mancomun.org arrow A Consellería de Innovación e Industria xunto coa UDC ofertan 3 postos de emprego en Software Libre
A Consellería de Innovación e Industria xunto coa UDC ofertan 3 postos de emprego en Software Libre PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 20 de Decembro do 2006
O Vicerreitorado de Calidade e Harmonización Europea convoca tres contratos de traballo de persoal informático para o desenvolvemento do convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria e a Universidade da Coruña para a realización e mantemento dunha plataforma axeitada para o desenvolvemento de proxectos colaborativos de Software Libre, así como a dinamización, investigación e soporte técnico dos correspondentes proxectos baixo a supervisión da Oficina de Sóftware Libre da UDC...

O obxecto desta convocatoria e a contratación laboral de tres persoas que, baixo a supervisión da Oficina de Software Libre da UDC, faranse cargo do desenvolvemento, instalación e mantemento dunha forxa (espazo web) de software integrada en www.mancomun.org, na que se integrarán subsistemas de control de versións e revisión, listas de correo, foros de discusión, xestión de erros, e unha plataforma de traballo en grupo entre outras para a dinamización dos proxectos de localización ou creación de software, manuais e documentación en galego.
 
Máis información no prego de condicións desta convocatoria na seguinte ligazón: Prego de condicións de contración de persoal para a forxa de mancomun.org http://www.mancomun.org/components/com_remository/images/download_trans.gif 




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement