Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow mancomun.org arrow Publicamos O Software Libre nas entidades de Galiza

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Publicamos O Software Libre nas entidades de Galiza PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 18 de Decembro do 2006

Mancomun.org, coma Observatorio do Software Libre en Galicia, acaba de publicar O Software Libre nas entidades de Galiza que analiza o emprego do código aberto na PEME, empresas informáticas, concellos e centros de ensino non universitario. O documento está dispoñible na sección de descargas.

O estudo indica que o Software Libre estase a desenvolver de xeito desigual segundo os diferentes ámbitos. Nas empresas informáticas o uso é maior (48%), seguido por concellos (32%), centros de ensino (20%) e a PEME non tecnolóxica (10%). Goza dunha imaxe excelente e a principal razón para non usalo é o descoñecemento. Ademais faise evidente a necesidade de actividades de difusión e formación en todos os sectores estudados.

O Software Libre nas entidades de Galiza, reflicte unha maior presenza no eido público cunha porcentaxe importante de administracións locais que xa empregan tecnoloxía de estándares abertos. Nos centros educativos o índice de emprego é menor pero existe unha boa predisposición a usalo.
 
Pola súa banda no sector privado as empresas informáticas usan o Software Libre para levar a cabo os seus produtos e servizos pero son reticentes á hora de establecer novas liñas de negocio baseadas en código aberto.  Na PEME en xeral existe un grande descoñecemento  aínda que  goza dunha boa imaxe.
 




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Advertisement
Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...