Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Software Libre na PEME arrow Software Libre para a PEME

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Software Libre para a PEME PDF Imprimir Correo-e

O Software Libre é unha opción tecnolóxica en todos os eidos. O mundo empresarial non é unha excepción e nesta sección ofrecémosvos unha escolma de ferramentas de gran utilidade para a actividade cotiá das empresas:

 

Aplicacións ofimáticas:

Redactar textos, manexar follas de cálculo ou xestionar bases de datos son parte esencial na actividade dunha empresa. O Software Libre conta cun completo catálogo de alternativas entre as que destacamos OpenOffice.org.

Trátase dun conxunto de aplicacións de oficina moi completo que incorpora procesador de textos, xestor de follas de cálculo, xestor de bases de datos, programa de presentacións, un programa de deseño e outro de ecuacións. Conta coa vantaxe de estar en galego e cun corrector ortográfico incluído.

 

ERP e CRM:

» FacturaLux é unha aplicación que integra ferramentas de desenvolvemento (deseñador de formularios, informes, scripts, táboas, etc..) que permiten implementar e modificar módulos axilmente e personalizar a aplicación.

» Openbravo é un ERP (sistema de planificación de recursos) baseado en web. O sistema está enfocado á PEME e destaca pola súa seguridade e capacidade de adaptación. Ademais pode funcionar coma CRM (ferramenta para xestionar a relación comercial cos clientes) e incorpora módulos de BI (Business Intelligence) ou, o que é o mesmo, aplicacións de análises de datos da empresa para o desenvolvemento de estratexias corporativas.

Por último Gesticam, desenvolvido pola Junta de Castilla La Mancha, está especialmente orientado a autónomos e micropeme. 

 

Facturación:

» FacturLinEx, ferramenta integrada na distribución de GNU/Linux para a PEME da Junta de Extremadura, permite a xestión dun terminal de punto de venda e facturacion. Ademais factura o movemento de todo o almacén, a caixa e a facturación.

» FacturaLux permite levar unha xestión integral e unha gran diversidade de funcionalidades (xestión de alvaráns, pedidos...).

» GnuAccounting é un software baixo licenza GPL para xerar e administrar facturas, albaráns, recibos e notas de créditos. O aplicativo usa Openoffice para deseñar modelos de facturas, e emprega MySQL ou OpenOffice Base para almacear os datos nun servidor central ou no computador cliente. 

 

Terminal de Punto de Venda e Facturación:

» Tina POS é unha sinxela aplicación de punto de venda pensada para a hostelería pero facilmente adaptable a calquera outro sector empresarial.  

» FacturLinEx é unha aplicación cliente-servidor para a xestión integral de facturación desde PEME a grandes empresas controlando o movemento de almacén, caixa e facturación.

» FacturaLux conta cunha adaptación de TPV para tallas e cores e IVE incluído, Envases para o módulo de TPV, Adaptación do TPV para artigos con IVE incluído.

» Banana POS é un punto de venta que traballa sobre GNU/Linux.

» JavaPOS (ou Java para puntos de venta) é unha interface de programación (API), implementada en Java, para desenvolver software que traballe cos dispositivos periféricos comúns nun TPV. 

» nTPV é un programa de xestión integral para hostalaría con licenza GPL desenvolvido en plataforma GNU/Linux.

 

Nóminas:

» NomiLinEx é unha aplicación para xestionar de maneira informática as nóminas dos traballadores, calculando de forma automática as nóminas para o réxime xeral.

 

Xestión das existencias

» Galopin é un sinxelo programa de control de existencias e facturación realizado en Software Libre. 

 

Distribucións de GNU/Linux pensadas para a PEME: 

Existen diversas distribucións de GNU/Linux que xa incorporan unha gran variedade de utilidades pensadas para o ámbito empresarial. Trisquel PEME desenvolvida pola empresa galega Imagos Solucións Tecnolóxicas e o sistema operativo lanzado pola Junta de Extremadura para apoiar ás empresas Linex Pyme 2006. Os programas que compoñen o paquete "Gestión LinEx" dentro de LinEx Pyme 2006 son: FacturLinEx, ContaLinEx, NominaLinEx e ReciLinEx.

 

Xestión financeira persoal:

» GnuCash é un software de contabilidade persoal e para a pequena empresa, licenciado baixo GNU/GPL e dispoñible para GNU/Linux, *BSD, Solaris e MacOSX. Permite o seguimento de contas bancarias, arrendamentos e custos. De uso sinxelo para o rexistro do talonario de cheques, basease en principios de contabilidade profesionais para asegurar os libros equilibrados e os informes exactos. GNUCash conta cun asistente para importar os datos do software propietario Quicken. O formato empregado por GNUCash é soportado por outros programas, por exemplo, jGnash, ...

» GFP – Personal Finance Manager, é un software para a administración persoal de finanzas que oferta gran variedade de informes, gráficas e filtrado de datos onde é posible acceder a información procurada rapidamente. Conta cunha interface moi intuitiva, sinxela e con mensaxes de axuda indicando os pasos a seguir en cada operación. Por medio da barra de ferramentas pódese acceder ao rexistro e mantemento de: asentos contables, tipos de asentos, contas correntes, inversións, tarxetas de crédito, bancos, bens e contactos.

» Grisbi é unha aplicación de contabilidade persoal que traballa baixo GNU/Linux e Windows (tamén en MacOS PPC e Intel). Grisbi pode xestionar múltiples contas, moedas e usuarios, xestión de terceiras partes (fornecedores ou clientes), gastos e recibos agrupados, liñas orzamentarias, xestión de anos financeiros, ... Grisbi permite manexar a contabilidade e levar un seguimento das contas bancarias, ingresos e gastos. Vén cunha interface amigable e con asistentes que axudan a levar a contabilidade diaria. Grisbi pode importar os datos de outros programas de contabilidade e ten características para producir informes do estado das súas contas. Grisbi vén cun detallado manual de características. 

» jGnash é un xestor financeiro persoal con funcionalidades similares as dun programa comercial. Creado para facer o seguimento das xestións financeiras persoais de forma sinxela, pero tendo en conta a funcionalidade requirida polo usuarios avanzados.

Para máis infromación sobre xestores financeiros persoais está dispoñible un documento en formato PDF e un CD con programas para facer probas.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...