| mEDUXa v1.0, distribución educativa do goberno de Canarias |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 23 de Novembro do 2006 | |
|
A "Consejería de Educación, Cultura y Deportes" do goberno de Canarias presenta hoxe (23 de novembro) en LANZÁOS 2006, o proxecto mEDUXa. mEDUXa é unha distribución libre de GNU/Linux baseada en Kubuntu e orientada á educación que será implantada nos centros educativos de Canarias.
Incorporarase a un total de 35.000 equipos distribuídos en 1100 centros educativos, o que representa aproximadamente 325.000 posibles usuarias e usuarios (25.000 docentes e 300.000 alumnos).Todo o proxecto desenvólvese utilizando, sempre que é posible, licenzas libres segundo queda definido nas Directrices de Software Libre de Debian... Segundo o goberno canario, analizouse coidadosamente a inclusión de calquera material sometido a licenzas distintas da GPL, BSD e Artistic License. Neste sentido preocupou moi especialmente a adecuación das licenzas á lexislación europea (en particular á española), e a posibilidade de futuros desenvolvementos e melloras por parte de calquera administración educativa, así como a xeración de sinerxias (reutilización por outras administracións educativas, españolas ou estranxeiras), no respecto da autoría e demais dereitos morais dos autores desta distribución. A versión estable da distribución será liberada cun informe sobre licenzas. Fonte orixinal da noticia: www.barrapunto.com Artigos relacionados |

















