| Xa podes descargar o libro de Jordi Màs |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 10 de Novembro do 2006 | |
|
O libro de Jordi Màs Software Libre: tecnicamente viábel, economicamente sostíbel e socialmente xusto está á vosa disposición na sección de descargas en formato PDF. O libro supón unha excelente aproximación ao Software Libre e ao seu contexto para os non iniciados ademais dun gran alegato en favor desta opción tecnolóxica.
Jordi Màs é coordinador de Softcatalá , asociación que fomenta o uso de software en catalán e do Software Libre, e traballou con importantes empresas coma experto en tecnoloxías abertas. O libro ten un afán divulgativo e repasa todos os aspectos que rodean ao código aberto coma a súa orixe histórica, cuestións xurídicas e políticas, os diferentes tipos de licenzas existentes, proxectos libres que se están a desenvolver, etc... Artigos relacionados
|

















