| Concurso de cliparts e modelos para OpenOffice.org |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 21 de Setembro do 2006 | |
|
OpenOffice.org Document Project convoca en colaboración con Wordlabel.com un concurso para elixir cliparts e modelos (templates) para OpenOffice.org. Os gañadores poderán recibir premios en metálico e a posibilidade de que os seus traballos sexan engadidos a esta suite informática. O prazo de presentación remata o día 13 de outubro ás 18 horas (hora galega).
A participación está aberta a todo aquel que o desexe. Os traballos deben ser enviados en formato de modelo de OpenOffice.org (ex: *.ott para Writer) e os cliparts en calquera formato gráfico soportado por OpenOffice.org ou formato SVG co seu correspondente filtro importador. As propostas que se presenten deberán estar baixo licenza LGPL ou PDL. Máis información: Condicións do concurso OpenOfficce.org Artigos relacionados
|

















