Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Observación tecnolóxica arrow O 19 de setembro preséntase Molinux 2.2
O 19 de setembro preséntase Molinux 2.2 PDF Imprimir Correo-e
escrito por USC o Martes, 12 de Setembro do 2006

O próximo 19 de Setembro a Junta de Castilla-La Mancha presentará a última versión do seu sistema operativo libre Molinux 2.2 (Rocinante) dentro da IV Semana do Deseño de Castilla-La Mancha 2006 que se celebra en Guadalajara.

A presentación centraráse nas aplicacións que contén Molinux dende o punto de vista do deseño gráfico e multimedia.

A liberación de Molinux 2.2 foi anunciada onte na web de Molinux. As súas aportacións son unha particular adaptación ao castelán (melloras de tradución, receitas de usuario integradas na axuda do escritorio ...) así como a súa presentación modular: versión “xenérica” ou de escritorio clásico, á que se lle poden engadir módulos específicos para usos máis particulares (Educación, Accesibilidade, e Empresas).

Preséntase en forma de “LiveCD instalable” o que permite a súa proba sen necesidade de instalación previa no disco duro ou a súa instalación definitiva para un uso máis continuado.
Fonte: Castilla-La Mancha Innovación




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement