| Observatorio de Software Libre |
|
|
|
|
O Observatorio de Software Libre é unha iniciativa da Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, que ten a finalidade de estudar a realidade das empresas, os concellos, os centros educativos e a sociedade galega en xeral, en relación ao uso do Software Libre. Unha das súas principais actividades é o desenvolvemento dun estudo sobre o nivel de implantación do Software Libre en Galiza que se está a desenvolver en dúas fases de observación separadas doce meses entre si. Na sección de Informes pódese acceder aos resultados deste estudo. O observatorio pretende examinar a evolución técnico-económica do Software Libre a través da vixilancia tecnolóxica e do seguimento das políticas e iniciativas nacionais e europeas. Para acadar este obxectivo, asinouse un convenio coas tres universidades galegas.
|


» Observatorio 
















