Desenvolvemento/adaptación de Software Libre Soporte técnico en Software Libre Consultoría en Software Libre Implantación en Software Libre
Aitire S.L.L. é unha empresa provedora de servizos informáticos para PEME, baixo o amparo do Software Libre e segundo as directrices da Free Software Foundation e a Open Source Initiative prové aos seus clientes das mellores e máis actualizadas ferramentas para o seu traballo diario. Independentemente da súa actividade, a súa misión é conseguir que os seus clientes obteñan o maior aproveitamento posible das tecnoloxías existentes, incrementar a calidade dos seus sistemas, proporcionar novos servizos e produtos de valor engadido.
Casos de éxito, URL ou referencia a traballos de software liberado, empresa onde se implantou Software Libre, material formativo libre, etc:
Entre as tecnoloxías do seu catálogo están Debian, Apache, MySql, PHP, OpenOffice.org, Joomla!, Asterisk, GnuPg ou Squid. Ofrecen a posibilidade de realizar migracións de Software Libre, sistemas de voz sobre IP ou mantemento integral.