Produtos
Anterior
  • GIMP

    GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa para a edición de gráficos bitmap empregado habitualmente para retoque fotográfico, composición ou creación de imaxes....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Mes...

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
Anterior

ACTIVIDADES

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
  • Xornada demostradora de Ephesoft: Captura Intelixente de Documentos con software libre

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 16 de Maio de 2013
    • Valoración 5
    • Lecturas 314

    Centro Demostrador TICO vindeiro día 28 de maio, o Centro Demostrador TIC acolle a xornada demostradora, organizada por Queres Tecnoloxías, “Ephesoft: Captura Intelixente de Documentos con software libre”.

    O obxectivo desta xornada é presentar aos asistentes a primeira solución open source de dixitalización e captura intelixente de documentación e a súa integración co Sistema de Xestión Documental Alfresco. Destacar que Queres é partner oficial de ambos produtos, Alfresco e Ephesoft.

    A captura intelixente de documentos vai máis alá do simple escaneado e conversión de documentos en papel a un formato dixital. Un sistema de captura intelixente, engade a esta función básica de dixitalización a capacidade de extracción de datos e clasificación automática dos documentos para poñelos a disposición doutros sistemas de información da empresa.

    Logotipo de QueresDende Queres aseguran que tanto dende empresas de servizos financeiros como dende as administracións públicas, cada día aumenta máis a demanda de alternativas aos contornos de captura propietarios existentes, non só polo aforro económico que supón eliminar a necesidade de pagar licenzas de uso, senón tamén pola flexibilidade e posibilidade de adaptación deste tipo de sistemas con licenza libre.

    [Ler máis]
  • Preséntase Aula AGASOL, onde atopar formación eLearning en software libre á vosa medida

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 15 de Maio de 2013
    • Valoración 3
    • Lecturas 262
    • AGASOL presenta a súa Plataforma de Teleformación, cunha ampla oferta formativa da man das diferentes empresas especializadas en eLearning de AGASOL
    • Para AGASOL, "este é un exemplo da calidade e proxección que está a ter o software libre galego"
    • A través da súa marca, Libres para aprender, libres para crear, queren ofrecer unha teleformación e unha oferta de contidos de calidade

    Logotipo de AgasolAGASOL vén de anunciar a posta en marcha da Aula AGASOL, unha plataforma de teleformación sobre tecnoloxías e plataformas libres avalada pola experiencia e bo facer das empresas especializadas nesta materia da asociación.

    Dentro dun contexto no que as plataformas de Software Libre como Moodle e os estándares abertos estanse a converter na referencia, dende AGASOL apostan por poñer a súa andaina profesional ao servizo de todas as persoas e entidades interesadas en poñer en marcha a teleformación para os seus negocios, para o aproveitamento persoal, para a creación de contidos, etc.

    Queren ofrecerlles a posibilidade de mellorar a súa relación coas ferramentas libres, dunha forma sinxela e atractiva. Cun obxectivo claro: aumentar a súa competitividade, permitirte aforrar recursos e aproveitar todas as potencialidades da informática no seu traballo ou o seu negocio.

    [Ler máis]
  • Galicia ascende ao posto número dous no Ranking de Universidades en Software Libre

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 15 de Maio de 2013
    • Valoración 3
    • Lecturas 332
    • Galicia é a segunda comunidade autónoma con maior compromiso pola difusión do software libre nas universidades
    • A UDC ocupa a terceira posición do Ranking de Universidades en Software Libre, a USC a sexta e a Uvigo a novena praza

    PortalProgramas.com fai público hoxe o segundo Ranking de Universidades en Software Libre (RuSL, 2013) grazas ao que podemos coñecer cales son as universidades que máis difunden o software libre, en que aspectos destaca cada universidades así como cales son os factores que inflúen no seu uso.

    Posición das universidades galegas no RUSL 13Unha vez máis é a Universidade de Granada quen lidera este clasificación seguida pola Universidade das Palmas de Gran Canaria en segunda posición e a Universidade da Coruña en terceira posición. As outras dúas universidades galegas ocupan tamén moi boas posicións, estando a Universidade de Santiago de Compostela no sexto posto e a Universidade de Vigo no noveno.

    Esta escalada de postos das nosas universidades converten a Galicia na segunda comunidade autónoma con maior compromiso pola difusión do software libre nas universidades, fronte ao cuarto posto acadado o pasado ano.

    Para levar a cabo esta clasificación, este ano empregáronse 67 criterios agrupados en 11 dimensións, fronte ás 37 variables en 7 dimensións empregadas o pasado ano, o que segundo os responsables deste estudo, permite ofrecer mellores e máis fiables resultados.

     

    [Ler máis]
  • OpenMediaVault, sistema de almacenamento en rede baseado en Debian

    Publicado por Mancomún
    Luns, 13 de Maio de 2013
    • Valoración 2
    • Lecturas 220

    Captura de OpenMediaVaultSe a semana pasada falabamos de ownCloud, un software para montar o noso clon de Dropbox, hoxe tócalle a quenda a unha distribución Linux para montar un sistema de almacenamento en rede ou NAS - network attached storage - polas súas siglas en inglés: OpenMediaVault .

    Trátase dunha distribución Linux baseada en Debian pensada para instalar facilmente nun ordenador un sistema de almacenamento en rede con servizos como ssh, sftp, smb/cifs, rsync e moitos outros. Ademais grazas ao seu deseño completamente modular pódese mellorar a través de complementos ou plugins. OpenMediaVault está dispoñible integramente en galego, sendo un dos pouco máis de 15 idiomas aos que está traducido, grazas ao traballo de Miguel Bouzada, membro do proxecto Trasno.

    OpenMediaVault é simple e doado de empregar e permite que calquera poida instalar e administrar un dispositivo NAS sen necesidade de ser un experto. Está deseñado para ser empregado tanto en pequenas e medianas empresas como en entorno doméstico, aínda que non está limitado a estes escenarios.

    [Ler máis]

Repositorio Documental FLOSS

Consulta a documentación no wiki de Mancomún

Máis información