Produtos
Anterior
  • Galinux

    Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador compatíbel no noso propio idioma: o galego....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 me...

    Máis información
  • Openoffice.org

    OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas....

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Messen...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas

ACTIVIDADES

  • Estudo sobre a situación actual do software de fontes abertas nas Universidades españolas e Centros de I+D españois

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 10 de Marzo de 2010
    • Valoración 5
    • Lecturas 369

    O estudo presentado hoxe por CENATIC reflicte que o software libre está presente na práctica totalidade das Universidades e Centros de I+D españois.

     

    Foto da presentación do estudoCENATIC presentou hoxe en Madrid, na 3ª asemblea da comunidade Morfeo, o "Estudo sobre a situación actual do software de fontes abertas nas Universidades españolas e Centros de I+D españois". Trátase do primeiro informe que incorpora información cualitativa e cuantitativa do estado de implantación e uso das tecnoloxías libres no mundo académico e investigador en España. 

    O informe, elaborado por CENATIC a través do Observatorio Nacional do Software de Fontes Abertas (ONSFA), en colaboración co grupo Libresoft da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, e o grupo CRUE-TIC-SL da Comisión Sectorial do TIC da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas, inclúe os resultados dunha enquisa sobre o uso de tecnoloxías de fontes abertas na Universidade española, así como o estudo de 25 casos de implantación, desenvolvemento e promoción de tecnoloxías libres, e unha selección de 20 proxectos I+D en torno ao software de fontes abertas financiados por programas de ámbito estatal e europeo.

    [Ler máis]
  • Anuncio oficial da Akademy-es 2010

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 10 de Marzo de 2010
    • Valoración -
    • Lecturas 16

    Akademy-es 2010A Asociación KDE España organiza un ano máis a Akademy-es, a reunión hispana de usuarios e desenvolvedores de KDE. Este ano a coorganización correrá a cargo de Itsas, o grupo de Software Libre da UPV/EHU (Universidade do País Vasco) coa colaboración do Departamento de Cultura do Goberno Vasco. Celebrarase os días 7, 8 e 9 de maio na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Bilbao.

    Durante o evento realizaranse charlas, obradoiros e outras actividades (saídas, ceas, ...) coas que se pretenden acadar os seguintes obxectivos:

    • Pór en contacto a desenvolvedores de KDE de toda España, para que poidan falar dos proxectos nos que están a traballar, compartir código, experiencias e coñecementos.
    • Informar a profesores e estudantes universitarios das capacidades e vantaxes de KDE, para promover o desenvolvemento de Proxectos Fin de Carreira relacionados coa súa plataforma e impulsar o crecemento da comunidade.
    • Dar a coñecer o proxecto KDE como contorno de escritorio e desenvolvemento a persoas sen perfil técnico.
    [Ler máis]
  • Informe da OSL da USC da tradución ao galego do navegador Firefox 3.6

    Publicado por Mancomún
    Martes, 9 de Marzo de 2010
    • Valoración 5
    • Lecturas 49

    Logo da OSL da USCDende a OSL da USC infórmannos que completaron a revisión da localización do navegador Firefox 3.6 que irá incluído como navegador predeterminado na vindeira Ubuntu LTS 10.04.

    Logo de FirefoxEsta revisión únese ao excelente traballo realizado na revisión e tradución do GNOME 2.30 e complementarase cunha estreita colaboración cos membros do grupo de localización de Ubuntu para obter unha tradución de calidade e o máis completa posible da nova versión de Ubuntu. 

    Estas actividades responden a que a vindeira Ubuntu é unha versión estable no tempo e cun período de mantemento longo (LTS). Isto confírelle unhas características que lles permite ás empresas e institucións que precisan dun contorno eficaz, probado e robusto decidirse pola súa implantación.

    Debido a importancia que ten o navegador Firefox, a Oficina dentro do seu tempo e capacidades, decidiu comprobar o estado da tradución da versión 3.6 e realizou un informe sobre o traballo realizado para adaptar a tradución para a versión de Ubuntu que implanta na universidade. A OSL xa enviou este informe á lista oficial do proxecto de localización ao galego dos aplicativos de Mozilla.

    [Ler máis]
  • Actualización do editor de vídeo OpenShot

    Publicado por Mancomún
    Martes, 9 de Marzo de 2010
    • Valoración -
    • Lecturas 55

    Pantalla do OpenShoot

    Openshot é un editor de vídeo non lineal para GNU/Linux que leva certo tempo xa creando expectativa. A orixe deste editor está na man de Jonathan Thomas, usuario de Ubuntu que buscaba un editor de vídeo potente, estable e fácil de empregar. Apenas dous meses despois da publicación da versión 1.0 de OpenShot, os seus desenvolvedores anuncian a dispoñibilidade da nova versión 1.10. Ademais das habituais correccións de erros, inclúe novas e interesantes características así como un gran número de melloras.

    O éxito de OpenShot non radica nun amplo catálogo de opcións e menús, senón na inclusión de gran cantidade de efectos e transicións e nun uso intuitivo e sinxelo. A primeira vista, presenta una interface moi semellante á de outros editores de vídeo como por exemplo o coñecido Windows Movie Maker.

    [Ler máis]

En profundidade

Linux para os cálculos máis esixentes Máis información

Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas