2
64 
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica achega 30.000 euros á Universidade de Vigo para o desenvolvemento do Máster en Consultoría de Software Libre, organizado pola Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo e correspondente ao curso 2010-2011.
Así se recolle no convenio de colaboración recentemente asinado pola Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, e o Reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato.
[Ler máis]
-
65 O CENATIC está desenvolvendo en Estados Unidos na O'Reilly Open Source Convention (OSCON), un espacio único a nivel internacional onde conflúen empresas, administracións e comunidades de desenvolvemento, unha serie de actividades dirixidas a compartir visións estratéxicas, técnicas e de negocio arredor do FLOSS.
Neste evento, que se celebra entre o 19 e mailo 23 de Xullo na cidade de Portland (Oregón), o CENATIC está trasladando as experiencias e apostas de todo o ecosistema do Software Libre en España, e creando lazos de relación que permitan posteriormente a realización de proxectos conxuntos con institucións e empresas estadounidenses.
3
124
Na actualidade Debian é un dos sistemas operativos do que existen máis sistemas derivados. En concreto, segundo datos de Distrowatch, existen máis de 120 sistemas baseados en Debian, entre os que se atopa Ubuntu.
Mais aínda que isto supón un recoñecemento á calidade e robustez do sistema Debian, dende o proxecto teñen detectado un grave problema de retroalimentación, xa que non é frecuente que os proxectos derivados contribúan a Debian con modificacións nin melloras. O motivo é pola dificultade de facelo ou mesmo de saber como facelo. Conscientes disto, en Debian crearon un novo equipo de traballo que se adicará a facilitar a comunicación entre Debian e os “seus descendentes".
[Ler máis]
3.4
85
Como xa anunciamos no seu día, a VII Guadec Hispana terá lugar na Coruña os vindeiros días 22 e 23 de xullo, cita obrigada para todos aqueles interesados en coñecer as últimas novidades sobre o proxecto GNOME.
Para asistir a este congreso é imprescindible inscribirse previamente a través do formulario de rexistro habilitado ao efecto na web da VII Guadec. A inscrición é gratuíta e estará aberta ata o vindeiro día 18 de xullo, e dado que as prazas son limitadas dende a organización aconsellan darse presa en enviar a solicitude para non quedar sen praza.
Unha vez rematado o prazo de remisión de propostas e valoradas as mesmas, dende a organización publican o programa completo de relatorios, obradoiros e actividades para os dous días do congreso, pendente de pechar tan só o horario e distribución das mesmas. Este ano inclúe moitos temas de interese para coñecer como comezar a colaborar cunha comunidade de software libre como GNOME e moitas das últimas novidades do proxecto como a súa aplicación a tecnoloxías móbiles, estudos sobre a comunidade, melloras en accesibilidade, implicacións dos novos navegadores, soporte dos sistemas multitouch, etc
A continuación incluímos unha breve descrición do contido de cada un dos relatorios aceptados e incluídos no programa:
[Ler máis]