| Innovación convoca axudas para o fomento da sociedade da información en empresas e asociacións |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 24 de Abril do 2007 | |
|
A Consellería de Innovación a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información convoca axudas para o investimento das empresas en materia de sociedade da información e promover actuacións de difusión e formación relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información. No caso das primeiras axudas valorarase na concesión das axudas o emprego de código aberto e os proxectos baseados en Software Libre poderán obter un 10% de investimento subvencionable adicional. Ámbalas dúas liñas de axuda suman máis de 4.200.000 euros en investimentos e están na liña dos obxectivos de desenvolvemento e progreso económico e social marcados polo Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información(PEGSI). O prazo límite de presentación a estas axudas é o 25 de maio e o máximo subvencionable son 60.000 euros.
As axudas das empresas buscan o cumprimento de tres obxectivos básicos do PEGSI: o desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información, a aplicación das TIC ao tecido empresarial galego e seguir unha estratexia de interoperabilidade, seguridade e coñecemento aberto que afecta ás dúas anteriores e promove o emprego dos estándares abertos para garantir a autonomía tecnolóxica do tecido empresarial galego e fomentar a súa capacidade de innovación. Ademais non se abonará en ningún caso custes de licenza de software dos proxectos seleccionados. As axudas ás empresas contemplan cinco liñas básicas:
Axudas a asociacións A segunda convocatoria está destinada a promover actuacións de difusión e formación relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información. Poden acollerse a estas axudas as entidades sen ánimo de lucro e, especificamente, universidades e colectivos de persoas desfavorecidas. Subvencionaranse a instalación de aulas de formación, a organización de eventos ou o material de promoción entre outros conceptos. Artigos relacionados
|

















